Sé el primero en aplaudir
Vista 97 veces, descargada 6 veces
preto de Celanova, Galicia (España)
Rutaza a de este sábado. Lioume Julio para facer Celanova-Lobios-Castro Leboreiro-Celanova e a verdade que saiunos unha rutaza.
Mañá fría, nos primeiros 32 kms. tivemos unha media de 2ºC, pero a verdade que có sol estábase ben. Pasamos máis frío, a tardiña no alto do Leboreiro con máis temperatura 6ºC pois soplaba un aire polar...!!!.
A primeira parte da ruta, seguimos a ruta San Rosendo ou Raíña Santa ata Lobios, camiños xa conocidos, disfrutando deles, están impresionantes e secos... En Lobios tomamos un pincho e a continuar.
Ahora sí, ben o duro. Xa ó pasar a ponte por tras da gasoliñeira, camiño con forte pendente, que indicábanos ó que ían ser os próximos 22 kms.
Ó pasar Entrimo entramos nunha sucesión de camiños empedrados e con moita auga en algún punto, en algunha zona hai que baixar da bici. Camiños súper chulos pero difíciles de ciclar, moi técnicos. Moita pedra e fortes pendentes..
As vistas refórzanse ó pasar A Pereira e chegar á cima, onde rodeados do Leboreiro sínteste pequeno, sin casas sin xente...é unha pasada.. Ó pasar Ameijoeira e cruzalo río, sendeiro con moita pedra..tamén moi técnico. Estes 22 kms, non son para correr...
Pasamos `pola ponte romana de A ponte da Cava da Velha, pequena pero espectacular, nese entorno..!!
Xa chegando a Castro Leboreiro, facémolo por estrada 2 ou 2,5 kms. con forte pendente...bufff dura, as pernas xa ian cansas. Facemos unha parada a retomar forzas.
Saímos de Castro Leboreiro para ir subindo ó altiplano do Leboreiro, ben conocido, e xa no alto baixada a bó ritmo cara a Celanova.
Comentarios