-
-
1.687 m
912 m
0
14
29
57,05 km

Vista 1246 veces, descargada 9 veces

preto de Celeiros, Galicia (España)

Bonita e esixente ruta pola zona de Chandrexa de Queixa, con saída dende Celeiros; como outros anos.

Inicialmente bordeamos o encoro de Chandrexa e seguimos a marxe do río Queixa/Edreira para xa ao pasar A Ferrería empezar a subir cara ao alto do Louredo, primeiro tendidamente e logo máis dura.

Ao chegar ao alto en vez de ir cara a San Mamede, xiramos en dirección contraria, para subir cara a Cabeza de Manzaneda; pero xirando para ir buscar o pobo de Requeixo.
Comentar que parte de este trayecto faise porteando as bicis e por sendeiros pouco marcados polo pouco uso. (Kms.44 a 48 apróx.) pero moi recomendable polo salvaxe/extrem do traxecto; cunhas vistas impresionantes.

Dende Requeixo ata Celeiros alternamos camiños cheos de pedra, auga e moita lama...8 Kms. para tomar con calma e disfrutar dun día de BTT.

Xa rematamos en Celeiros...ducha e a comer. Como sempre callos, cocido, sopa etc e os postres ...ata reventar.

Un día de puro BTT.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta