-
-
344 m
181 m
0
2,4
4,7
9,42 km

Vista 3507 veces, descargada 35 veces

preto de Cuntis, Galicia (España)

O Club de Montaña Xesteiras leva tempo traballando na posibilidade de establecer un circuito permanente de BTT en Cuntis. Neste caso e, con motivo da proba de 24 horas de BTT que se celebrará en Cuntis no mes de setembro de 2013, fixemos un percorrido apto para todos/as, tanto física como técnicamente ideal para entrenos semanais, situado moi perto do casco urbano de Cuntis e con moi fácil acceso para chegar coas bicis en Coche. Saimos dende o Monumento (situado a 100 mts. do cuartel da Garda Civil) e dende ahí diríxese cara Laxos, subimos dirección Xinzo-A Louriña con algúns repeitos que nos farán sudar un pouco pero que, con calma, se fan sen problema eso si despois da subida sempre haberá baixadas divertidas. O percorrido e prácticamente todo por camiños vellos, entre pinares e carballeiras. Camiños vellos recuperados polo club, desbrozando e limpando de paus sitios por onde facía anos que non se pasaba. Desde ahí baixamos novamente cara Laxos, O Pazo e cruzamos un regato para meternos por un sendeiro entre pinos, novamente baixada moi rápida pero sen dificultade por camiño ancho, seguimos baixando por entre ás casas do Pazo, onde os veciños poderán disfrutar e animar ó paso dos ciclistas. Dende ahí pequena subida pola beira do río para chegar ata as pozas de As Campaiñas, cruzamos o río (pola ponte de madeira que fixemos ou polo río, dependendo da destreza de cada un) e chegamos o cruce do Xacemento arqueolóxico de Castrolandín, comezamos a subir os últimos metros en sentido ascendente que ten o percorrido para meternos nunha pequena baixada a esquerda, entrada no último tramo da trialera de Leo, un singletrack entre pinos, con saltos para quen os queira facer ou escapatorias, tamén dependendo da destreza que teñamos, saímos no alto da aldea de Castrolandín e subimos 100 metros para bordear o xacemento arqueolóxico, dende ahí todo baixar ata A Patela, cruzamos o río por outra ponte de madeira, tamén feita polo CDM Xesteiras e enfilamos o último kilómetro por sendeiro ancho e llano, atención ós últimos 50 metros en subida ata a meta situada no alto do Monumento (mesmo lugar de saída).

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta