-
-
198 m
1 m
0
9,1
18
36,54 km

Vista 303 veces, descargada 10 veces

preto de Visma, Galicia (España)

Boa ruta que fai unha circular á cidade da Coruña. Aproveita todo o paseo marítimo e busca algunhas pistas interesantes para facer btt cando remata no Portiño. Especialmente as que van desde Bens ata Pastoriza, e despois as que cruzan o monte de Mesoiro, onde podes escoller algunha das moitas variantes que ofrece. Tamén é moi desfrutable o camiño que vai desde Feáns ata a universidade pasando polo Castro de Eviña.

A peor parte sen dúbida é a zona desde Elviña ata a Mariña, xa que basicamente é todo asfalto, con algúns cruces a estradas grandes na zona do hospital, nos que hai que ter algo de coidado. Quizais esta parte podería mellorarse cruzando polo parque de Eirís. Aínda con todo, paga a pena para enlazar de novo co paseo e desfrutar na mesma ruta do parque da Torre de Hércules, sobre todo se é na última hora da tarde.

Unha boa ruta para facer arredor da cidade, cun desnivel interesante pero nada prohibitivo, unha distancia xa respetable para un adestramento, boas vistas da Coruña, e algunhas pistas divertidas para facer btt.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta