-
-
340 m
35 m
0
13
27
53,1 km

Vista 2611 veces, descargada 71 veces

preto de San Lázaro, Galicia (España)

Percorrido: Santiago - Alto do Vento - Pousada - S. Xoan - Alto de Aguapesada - Leboráns - As Torres - Brión - regreso pola "Rota Rosaliana".


DATOS DA RUTA:

Dificultade técnica : media algúnha subida con certa dificultade)
Dificultade física : Media (pola subida ao Alto de Augapesada e a distancia)
Áltura Máxima: 292M. (Na Torres de Altamira)
Ascensión acumulada 834m.
Máxima pendente : 19.73%
Superficie e Vías:Moi variado Pistas forestais, estradas secundarias, corredoiras, carreiros, etc.


DESCRIPCIÓN DA RUTA:

A ruta transcorre ao ir en boa parte polo camiño a Fisterra, salvo algún pequeno desvío, ata chegar ao de Susavila de Carballo (Sta. Mª de Transmonte) onde nos desviaremos algo despois da fonte nunha pista cara a esquerda que nos levará ata as Torres de Altamira, despois baixaremos por Brión ata os Anxeles e Bertamiráns onde colleremos a Rota Rosaliana para realizar a volta, esta farémola practicamente por pista asfaltada.


ALGO DE HISTORIA:

As Torres de Altamira


O castelo das Torres de Altamira, ou as súas ruínas, é o que queda do que se construíu no século IX sobre un castro celta, aínda que foi derrubado polos Irmandiños no século XIV e reconstruído en 1471. Tiña seis torres unha muralla rodeando un suntuoso pazo, coa capela dos Reis Magos onde eran enterrados os seus señores en magníficos panteóns. A partir do século XVII os condes deixaron de habitar o castelo e baixaron, por razóns de comodidade, ó pazo de Tralouteiro, a pouco máis dun quilómetro das torres, trasladándose entón á corte.

Os Restos das torres de Altamira a finais do século XIX foi utilizado como canteira por numerosos construtores.

No ano 1872, un dos herdeiros da casa de Altamira vendeu as torres, que se foran arruinando pouco a pouco. Un dos compradores construíu unha casa coas pedras da fortaleza. Outro aproveitou a capela para se construír un alpendre.

Tamén foron aproveitados os perpiaños na construción do santuario de Santa Minia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta