-
-
304 m
62 m
0
6,7
13
26,67 km

Vista 27 veces, descargada 1 veces

preto de Rutis, Galicia (España)

Ruta 70% sendas de monte con tramos de enlace por asfalto. Dificultade moderada salvo por una abrupta subida con moita pedra solta nada máis entrar no Roteiro que nos leva a Canzobre.

Saindo de Vilaboa, collemos a nacional que rodea o aeroporto cara Culleredo, desviándonos por un par de sendas que nos levan por Toroño pasando por debaixo da Terceira Ronda. Sendeamos ata Orro e cruzamos a autovía para tomar a senda da antigua vía do tren, desviándonos por una salida á dereita tan pronto podemos para tomar un camino amplio e moi rodador ata a parte traseira da antigua estación donde hay un par de sendas estreitas con uns sube e Baixa, algo técnicos pero moi divertidos.

Un pouco máis adiante, antes de entrar no Roteiro que nos leva a Canzobre (Ver foto) atopase un grifo nunha parede nunha casa onde podemos recargar os bidóns á espera da subida máis dura de todo o traxecto. Como indicaba 60 metros moi duros con moita pedra solta e moi técnica, na que os iniciados teremos que levar a bici ás costas.
Pasada esta costa inicial, un sube e Baixa con rampas moi divertidas, rotas, con pequenos charcos da choiva da noite e con algo de pedra solta.

Terminase o roteiro na carretera de Orro que tomamos para enlazar cas sendas traseiras da urbanización do monte das Arcas. Desde alí baixadas rápidas e bastante limpias ata chegar ó marxe da Terceira Ronda, que pasamos por arriba. Aquí tratamos de entrar por un tramo que se vai pechando e que desaparece, polo que hai que volver sobre os mesmos pasos. Baixadas divertidas por sendas e parte do cortafuegos, para chegar ata o rego do castro ó lado de Castro Laxe e acercarnos ó punto de partida.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta