Descargar

Distancia

28,28 km

Desnivel positivo

789 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

777 m

Altitud máxima

436 m

Trailrank

22

Altitud mínima

8 m

Trail type

Circular

Tempo

3 horas 7 minutos

Coordenadas

1261

Fecha de subida

22 de enero de 2012

Fecha de realización

agosto 2010

Búsqueda por Zona de Paso

Encuentra rutas que empiecen o pasen por zonas concretas que tú elijas.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Búsqueda por Zona de Paso Búsqueda por Zona de Paso
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
436 m
8 m
28,28 km

Vista 1226 veces, descargada 26 veces

preto de Cangas, Galicia (España)

Nesta ruta percorreremos en bicicleta de montaña os cumes máis significativos de Cangas (tocando Bueu e Moaña), con inicio e fin de ruta na alameda de Cangas.
Comezaremos a subida ao chamado monte do Elefante, que toma este nome pola rocha con forma deste animal (segundo dende onde se mire, claro). A continuación, subiremos a Varalonga, onde poderemos contemplar unha magnífica vista da illa de Ons.
O noso punto seguinte será o miradoiro de Piñeiral do Rei. Conforme vaiamos rodeando este cume, gozaremos dunha panorámica vista da ría de Vigo: illas Cíes, Cangas, Moaña e finalmente o próximo destino: o Alto de Carballiño.
O Alto de Carballiño posúe unha antena repetidora da tv e domina, por un lado a ría de Aldán e polo outro a de Vigo, ofrecendo ademais unha magnífica vista do val de Coiro e de Cangas.
Accederemos ao monte Hermelo, no concello de Bueu, despois dunha dura subida que incluso pode obrigarnos a poñer pé en terra (dependerá do estado do camiño) e, finalmente, o monte Xestoso (Bueu), lugar emblemático cunha cruz de madeira e vista sobre Vigo e a ría, Moaña e Meira.
A partir de aquí, practicamente todo será baixar ata o punto de chegada, cun primeiro tramo de baixada de forte pendente.
Que gocedes!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta