Sé el primero en aplaudir
Vista 138 veces, descargada 5 veces
preto de Acebedo, Castilla y León (España)
Saimos de ruta desde Acebedo, polos praos de María ata Lario, buscando a ponte que cruza o río xusto na entrada sur de Lario.
Desde alí collemos a estrada que vai cara Burón, pero antes de chegar á vila, collemos a pista que saé a esquerda cara Mirva. Comeza a ascensión a Mirva, primeiro bastante cómoda e cha, pero chega un punto onde se volve moi moi dura e case imposible de subir todo o tempo na bici, con rampas moi fortes e curvas pechadas. Aínda así é unha subida moi bonita, entre faias e bosque antigo, que fai máis ameno ter que ir camiñando xunto á bici.
Desde a collada de Mirva, xunto a caseta dos cazadores, hai que coller a desviación á dereita. Desde alí baixa unha pista que vai en dirección a Retuerto, e chegamos a ver a aldea desde o alto.
Porén, non chegamos ata Retuerto, a media baixada sae de novo unha desviación cara a dereita, cunha pequena subida, que hai que coller para ir ao val do Rabanal.
Baixamos polo Rabanal cara Burón, na parte máis impresionante da ruta, un singletrack divertidísimo, de curvas pechadas e bastante desnivel, que paga a pena probar (adxunto vídeo).
Unha vez en Burón paramos a tomar un Aquarius de refresco no Gure Txoko, e como xa había que volver cun pouco de présa, toda a volta ata Acebedo fixémola pola estrada.
Comentarios