Descargar

Lonxitude

43,73 km

Desnivel positivo

2.361 m

Dificultade técnica

Difícil

Desnivel negativo

2.361 m

Altitud máxima

1.602 m

Trailrank

29

Altitud mínima

631 m

Tipo de ruta

Circular

Coordenadas

507

Fecha de subida

24 de octubre de 2014
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
Compartir
-
-
1.602 m
631 m
43,73 km

Vista 1594 veces, descargada 9 veces

preto de Airoá, Galicia (España)

Ruta realizada o 23-10-2014. Saindo da Ponte de Doiras (650 m.) ascendemos por estrada ata Campa da Braña (1198 m.), onde xiramos a dereita cara o Albergue de Ancares (1360 m.) Aquí tomamos unha pista de terra que ascende ata o cumio do Fieiró (1622 m.) onde se atopa un repetidor de TV.
Tras voltar o albergue retomamos a pista cara a Campa dos Tres Bispos (1576 m.) dende onde podemos subir a pe, nunha curta ascensión ata este cumio (1794 m.) situado no cordal de Ancares.
Deixamos a Campa cara a Golada da Vara, por un carreiro difícilmente ciclable pero que paga a pena para atravesalo bosque de Cabana Vella. Tras acadar a Golada da Vara (1466 m.) comenzamos un vertixinoso descenso cara o fondo do val. Hai que ter ollo cos canos que atravesan o camiño que nos poden dar algún que outro susto.
Tras rematar o descenso voltamos a subir, pasando a carón dos restos da exoplotación forestal de Cabana Vella (1230 m.). O camiño sigue logo subindo entre revoltas, baixo a densa arboleda, ata unhas columnas de pedra que enmarcan a entrada deste magnífico monte.
Seguimos pola pista ata que entronca coa que antes nos levou ata o Tres Bispos, e baixamos logo cara Campa da Braña, onde podemos tomar un merecido refrixerio nun dos dous mesóns que alí hai.
Logo soio nos queda disfrutar da longa baixada ata Doiras para rematar unha fermosa ruta polos Ancares.
Cima

Fieiró

Teso de Fieiró. 1622 m.
Panoramica

Campa do Tres Bispos

Pequena predería ou campa situada a 1576 m., xunto a un pequeno circo glaciar no que nace o río Ortigal. Dende aquí podes afrontar a corta subida ata o cumio do Tres Bispos.
Cima

Tres Bispos (1791 m.)

Cumio situado a 1794 m. ó sur do cordal de Os Ancares. Dende alí podense divisar todo-los outros cumios da serra, os Ancares galegos e os de León. O seu nome, di a lenda, ven de que nel se reunían os bispos das tres diócesis ás que serve de límite: Lugo, Oviedo e Astorga.
Porto de montaña

Golada da Vara

Collado situado a 1466 m. entre o bosque de Cabana Vella e a campa de Brego, onde se situa un refuxio de montaña.
Ruinas

Cabana Vella

Ruinas dunha antiga serrería pertencente a Madereira Bosques de Cervantes, empresa fundada en 1942 e que explotó estos bosques durante varias décadas. Cabana Vella era unha das sus instalacións. Un teleférico, do que soio quedan en pe os restos dalgunha columna de apoio, transportaba a madeira.
Árbol

Bosque de Cabana Vella

Un dos mellores bosques, senón o mellor, dos Ancares. Fundamentalmente composto por robles (Quercus pyrenaica), pero tamén ten imposrtantes masas de acibros (Ilex aquifolium) na zona de mais altitude.
Avituallamiento

Campa da Braña

Desde sempre unha das principais entradas á parte galega dos Ancares. Conta con dous mesóns, un deles o "Campa da Braña", tamén ofrece aloxamento.

1 comentario

  • os tres amigos 22 nov. 2015

    Qué paraíso ! https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/de-doiras-a-fieiro-campa-dos-tres-bispos-e-cabana-vella-8092643/photo-4683563

Si quieres, puedes o esta ruta