julk

Tempo  8 horas 46 minutos

Coordenadas 5953

Fecha de subida 19 de octubre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
306 m
4 m
0
20
40
80,02 km

Vista 308 veces, descargada 41 veces

preto de Corme-Porto, Galicia (España)

Despois do susto de onte, empezo a xornada facendo uns quilómetros por estrada ata retomar o meu camiño, ó final do núcleo de Corme, onde o deixei onte.

Uns metros de asfalto, chego á praia da Ermida, tranquila e fermosa nun entorno rural e protexido. Fronte a ela está a illa da Estrela, cun pasado que se perde na prehistoria:nela hai un castro e restos dunha capela adicada á virxe do mesmo nome. Na illa hai tamén antigas sepulturas de mariñeiros descoñecidos que traía o mar. Por último, no caso de marea viva (coma cando fun eu, mira a foto), é posible pasar a pé ó illote.

Saio da praia por un carreiro que pasa a camiño e me deixa ó pe dun novo hito, a sonadapedra da serpe de Gondomil, asombrosa representación dunha serpe alada, único caso coñecido en todo o mundo occidental.

Uns metros máis adiante xa aparece a aldea de Gondomil, e o noso camiño xa pasa por pistas de terra dende as que pode admirar fermosas vistas da pedra do Lagatón e da ría de Corme e Laxe.

A pista morre nunha estrada moi tranquila que remontamos ata os 139 m de alto, a 200 metros do mirador do monte Branco (eu non fun velo, do que me teño arrepentido motas veces), para acometer outra desas baixadas que se lembran: moita pedra solta, curvas e, ainda por riba, terreo esbaradizo.

Deste xeito, remata a baixada a nivel do mar, no medio dunha vexetación moi particular: estou no esteiro do río Anllóns, para pedalear por unha fermosa senda que nos vai metendo na vila de Ponteceso.

Danos a benvida a ponte que lle da nome á vila, porque ata a idade media, o Anllóns se lle chamaba río Zeso. Nunha casa á súa beira naceu, en 1835, o poeta e bardo Eduardo Pondal.

Cruzo a ponte e, polo tanto, o río Anllóns, e entro no concello de Cabana de Bergantiños, facendo uns metros de estrada, da que deseguida me aparto para ir na percura da senda do Anllóns, unha senda marítima peonil, que percorre a desembocadura do río durante 4 qms de agradable paseo, sen desniveis, e sen perder de vista o mar.

Este paseo remata nas Grelas, onde só temos que atravesar unha estrada polo paso de peóns e xa nos metemos no rego dos muíños, un paseo en plena natureza no que vemos 24 muíños ó longo dun regato, que vai ascendendo progresivamente por un terreo que alterna firme de pedra fina con pasarela de madeira moooi esbaradiza en días húmidos, e nos desniveis máis marcados, chanzos feitos con troncos, que tamén hai que abordar con precaución.

Neste tramo, o Camiño dos Faros deixa por primeira vez a costa de forma clara, pero é que no interior hai cousas que no se poden pasar por alto...

A primeira delas aparece ben pouco despois de rematar o rego dos muíños, no medio dunha carballeira: é o castro de Borneiro, un dos primeiros da Galiza en ser excavado, e moi interesante por ser un dos poucos castros con todas as construccións (neste caso, 36), de forma redonda, por non estar influenciado polos románs.

Deixo atrás o fermoso castro por unha pista moi arbolada, cruzo as estrada provincial e empezo a rodar por corredoiras, ata que chego a unha estrada e, fronte a min, vexo unha construcción de boa envergadura; algo importante albergará!

E tanto que sí: no seu emprazamento orixinal se fixo un centro de interpretación, e non é inmerecido, porque o dólmen de Dombate é considerado “a catedral do megalitismo” na Galiza. Visitei o dólmen e mais a réplica exacta que teñen no centro para que se vexan con detalle uns grabados e restos de pintura que aínda conserva.

Deixo atrás o monumento e, tras uns centos de metros de asfalto, viro a unha pista de terra que logo pasa a ser un carreiro cunha forte pendente. Tan forte que varios tramos teño que facelos a pé. Claro que, cando remata o ascenso, estou a 320 metros sobre o nivel do mar. É o castelo de lourido, punto máis alto do Camiño dos Faros. Aí hai un vértice xeodésico dende o que según din, se pode ver unha magnífica perspectiva de Laxe e máis da desembocadura do Anllóns, pero o día que eu fun había unha néboa pecha que nnon deixaba apenas ver.

A baixada foi como as anteriores: sendeiro estreito, limpo e con boa pendente. Tanta, que boite en falta a tixa telescópica. Amais, a terra húmida fixo todo un punto máis divertido.

Total, que acaba a terra e aparecen casas: Dornela, Canduas, Taboido... e baixo cara ó mar. De súpeto, non vexo o track na pantalla do GPS. Pero sí vexo marcas: serán as correspondentes ó percorrido a pé, polo que volto atrás a buscar o meu cruce.

Pero ó chegar a él, entendo o motivo polo que se me pasou: o camiño estaba pechado de vexetación, impracticable. A opción pasa a ser continuar pola outra ruta.

Esa ruta bordea a liña da costa nun contínuo sube e baixa non sempre ciclable, pero sí espectacular. Paga a pena camiñar coa bici na man, vendo a natureza.

Chegando á praia de Rebordelo contacto de novo có track de bicicleta, que neste punto se aparta uns metros do mar para ir á estrada provincial un par de centos de metros e volver saír na busca dun promontorio rochoso, a punta do cabalo, dende onde teño unha vista privilexiada da ría.

Continúo o meu camiño por uns sendeiros entre vexetación baixa, ata que chego á estrada, xa a tiro de pedra de Laxe.

Concretamente, do seu paseo marítimo, que percorre, de punta a punta, toda a praia da localidade, aproximadamente 1600 metros. Xusto nese punto, o camiño aparta da primeira liña de mar para ir buscar a punta de Laxe, onde imos atopar o faro de Laxe, onde aparte da esperable construcción, idéntica ó de Roncudo, tamén poderemos ver unha especie de mesas con claro aire de castro celta, e unha fermosa escultura de bronce, denominada “a espera”, e mostra unha nai có seu fillo en brazos, mirando á costa para atopar o barco que nunca chegará. Tal escultura resiste o paso do tempo de igual maneira que o fan as familias que superan a ausencia dos mariñeiros desaparecidos.

No mesmo faro xa sae o noso carreiro, que baixa cara ó mar serpenteando entre rocas. Unha vez máis, non vexo posible continuar polo percorrido das bicicletas, e sigo o dos andaríns, polo que alterno os equilibrios cós porteos.

Deste xeito, completo a volta ó saínte para continuar cara ó sur, e por unhas tranquilas pistas de terra chego á praia de Soesto, que atraveso por un camiño medio terra, medio area. Logo de deixar atrás o areal, xa continúo por uns fermosos camiños estreitos e con moita pedra, o que obriga continuamente a elexir ben a trazada...

Nestas chego á praia de Trabe, e deseguida, a lagoa do mesmo nome. O camiño está perfectamente delimitado por madeiras que nos permiten o pedaleo despreocupado, centrado no desfrute e non en evitar a erosión.

Deixado atrás o entramado artificial, volvo ó camiño costeiro, que neste punto da un xiro máis ó bravío. O denominado “camiño a Camelle” é un sendeiro con pedra, moita pedra, tanta que se fai dificultoso o pedaleo a estas horas, coa fatiga acumulada e a mochila no lombo. Sen estes atrancos, abofé que sería delicioso!!.

Como era de esperar, pronto vin a praia de Camelle, unha pequena vila mariñeira que hoxe é coñecida por albergar as obras de Man, o artista que ligou gran parte da súa vida e da súa obra á vila.

Despois de pasar a praia, o porto e os museos de Man, remata a pequena Camelle. Agora o meu camiño continúa pola ruta do litoral de Camariñas. É unha ruta sinxela, que transcorre por unha paisaxe virxen, con solitarias praias e espectaculares vistas. Pasarei á beira da duna do monte branco, a máis alta de europa cós seus 157 metros de alto, que ademais é a maior reserva de caramiñas de galicia, pranta que da nome ó municipio.

Todo o percorrido ten firme de terra ou asfalto, é ancho e moi solitario, polo que supón un goce prós sentidos...

Un dos hitos mais chamativos deste tramo é o cemiterio dos ingleses, un lugar que sobrecolle polo seu emprezamento, pero máis aínda pola súa historia.

Volto á pista de terra, e continúo pedaleando nese fermoso paraxe, ata que chego a un novo faro, neste caso o Faro de Cabo Vilán, outro dos hitos do Camiño, un sitio singular dos que paga a pena visitar.

Deixo atrás o faro e a dureza do mar, e continúo o meu camiño por un camiño costeiro que se vai achegando a unha construcción que se ve nun promontorio. Ó chegar ó seu pe, un panel xa me aclara qué vou ver: a ermida da nosa señora do monte, dende onde podemos desfrutar de unhas marabillosas vistas á costa, tanto cara ó norte, onde se ve o cabo Vilán, como cara ó sur, onde poderemos ver Muxía, o monte Buitra e cabo Touriñán.

Dende este punto, camiños favorables xa me achegan ó final da etapa de hoxe, Camariñas, lugar ó que accedo dende unha esplanada que semella un parque urbano e realmente son os restos do castelo do soberano, realmente o que queda dunha antiga batería defesiva.

Nada queda mais que pedalear plácidamente polo seu paseo marítimo, admirando o aroma a mar que emana por todas partes na vila...

Mais información:

-De Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 4: Camariñas-Fisterra
-De Ferrol a Fisterra en bicicleta de montaña, pola costa

Máis ainda:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Ribadeo-Ferrol
Axencia de Lectura Municipal de Camelle
Batería Do Soberano
Cementerio Dos Ingleses
Ermida de Nosa Señora Do Monte
Faro Do Cabo Vilán
Camiño Dos Faros
46 m
Zec Costa Da Morte
A Coruña
Praia Da Ermida
Dunas
Camiño Dos Faros - Btt
Pedra Do Lagartón (52 M)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta