Tempo  3 horas 42 minutos

Coordenadas 2087

Fecha de subida 7 de agosto de 2016

Fecha de realización agosto 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
173 m
1 m
0
7,9
16
31,58 km

Vista 1797 veces, descargada 33 veces

preto de Narón, Galicia (España)

ITINERARIO: Narón - Ermida de Santa Margarida (O Val, Narón)- Pena Molexa- Senda Ártabra ata Monte da Vela- Praia do Río en Meirás (Valdoviño)

Salimos de Narón para coller a Estrada de Cedeira ata a Carreira e dende alí, tomamos a estrada que vai ata Santa Margarida, en O Val. O track por un fallo de gps marca unha liña recta ata aquí. Visitamos a capela prerrománica de Santa Margarida, grazas a unha veciña que moi amablemente nos abre a porta e fai de guía.
Seguimos camiño por pistas asfaltadas ata a coperativa do Val, na estrada xeral Ferrol-Valdoviño. Tomamos un desvio que nos leva nun empinado tramo final ata a Pena Molexa, na que temos carteis informativos da fermosa lenda que da maxia ao lugar. As vistas son moi boas tamen. Agora seguimos, xa por pista de terra pola Senda Ártabra ata a Pena Lopesa, Ollo!!!! Baixada moi empinada e técnica, con moitas pedras, risco de caida!
Unha vez pasamos a Pena Lopesa, empeza unha subida ata un cruce no que en lugar de baixar a Praia de Campelo, seguimos de fronte cara a Vilares. A partir de ahi volvemos a un tramo de asfalto para enfilar a subida ao Monte da Vela, non moi empinada pero en constante subida por unha pista sen asfaltar e con moita pedra. Despois de desfrutar das impresionantes vistas da costa de Valdoviño ( praia Frouxeira etc ..), collemos un estreito sendeiro a man dereita para facer unha divertida baixada en zig zag pola ladeira do monte da Vela ata a praia de Meirás, donde repoñemos forzas nunha terraza da Praia do Río.
En resumo, ruta moi chula na que poderedes gozar da beleza paisaxística da costa de Valdoviño. A duración da ruta foi de 3 horas e media incluindo todas as paradas.
Sitio arqueolóxico

Sta Margarita

Ermida de Santa Margarida, O Val, Narón, prerrománica
panoramica

Pena Molexa

Pena Molexa
panoramica

Pena Lopesa, Senda Ártabra

Pena Lopesa
panoramica

Mirador 1 Monte da vela

Monte da vela
panoramica

Mirador 2 Monte da Vela

Mirador 2
panoramica

Praia do Rio, Meirás (Valdoviño)

Praia do Rio

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta