Tempo  8 horas 46 minutos

Coordenadas 2724

Fecha de subida 7 de julio de 2014

Fecha de realización julio 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.470 m
511 m
0
13
26
51,56 km

Vista 3607 veces, descargada 80 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

Ruta polos Ancares lugueses e unha pequena incursión na provincia de León. Imprescindible ter bo estado físico e unha técnica aceptable. Non é nada recomendable facela se o terreno está mollado porque varias das baixadas pasan de ser unha gozada a ser moi perigosas. Deseñada coa colaboración de Miro e Pablo. As fotos son miñas, de Juan Cedrón e Diego.

Recomendacións por tramos:

1. Piornedo-Moreira: Camiño en baixada cun tramo NON CICLABLE duns 150 m (waypoints 2 a 3). O resto do camiño con algunha pedra solta e paos. Hai dous cables grosos que cortan o camiño pero ben visibles. Coidado ao saír á estrada. Inclúe 1,5 km de asfalto ao final do tramo.

2. Moreira-Suárbol: Camiño cun par de pasos complicados por pedras. O resto sen complicacións. A igrexa de Suárbol merece unha parada.

3. Suárbol-Alto da Cespedosa: Subida dura por asfalto (4,2 km).

4. Alto da Cespedosa-Vilaquinte: Un primeiro tramo de asfalto (1,4 km) e logo unha baixada moi rápida na que pode haber surcos!!!. Seguirán pistas con subidas e baixadas suaves, unha baixada forte por un cortalumes pero sen complicacións técnicas pero que deixa os discos ardendo!! e finalmente outra baixada forte por un camiño que pode estar algo tapado por vexetación e con algunhas pedras e paos soltos. Coidado ao salir á estrada. Atravésase a estrada e báixase polo pobo de Vilaquinte.

5. Vilaquinte-Chao de Vilarín: A baixada inicial xusto despois das últimas casas é complicada, con rochas esvaradizas se están húmidas, senda estreita e con pedras e paos. No tramo final hai uns 50 metros NON CICLABLES cuns escalóns bastante altos (waypoint 9). Despois de cruzar a ponte sobre o río Ser empeza a subida máis longa da ruta. Os primeiros 100 m podemos consideralos NON CiCLABLES pola pendente pero unha vez se entra no souto a pendente xa é completamente ciclable. Este tramo pode facerse por estrada (serían 3 km de asfalto).

6. Chao de Vilarín-Vilarnovo: Camiño en ascenso continuo polo interior do souto. Completamente ciclable con algunhas pedras soltas e paos.

7. Vilarnovo-Vilar: Continúa a subida (desde o río, a 510 m de altitude, ata os 1200 m en 6 km). Longa e con tramos duros, sempre ciclable por pista. Despois de chegar ao Alto de Campelín, a ruta pasa por varias baixadas e subidas suaves ata chegar aos 1300 m e a continuación á estrada que baixa ata Vilar e Robledo (2,7 km de asfalto). MOI IMPORTANTE: No waypoint 12:"Desvío a Vilar" sae unha pista á esquerda que acaba na estrada moi cerca de Vilar. Baixando por esta pista en vez de seguir o track aforraríanse máis de 3 km de ruta e case todo o asfalto. Non se recorreu este atallo polo que non podo dicir como está, na foto aérea non parece que teña complicacións. Un pouco antes de chegar a Vilar hai que deixar a estrada á dereita por unha pista asfaltada estreita que acaba no pobo.

8. Vilar-Robledo: Na parte de arriba de Vilar coller un camiño á dereita que baixa ata Robledo. Camiño completamente ciclable e moi divertido de baixar pero con atención. Se hai humidade pode ser perigoso.

9. Robledo-Donís: Empeza nun camiño que vai baixando con algunhas zonas de herba e rochas (coidado se están húmidas!!!). Hai un paso dun regato máis ou menos complicado. Continúa nun km de asfalto en baixada e logo de cruzar o río das Pontes empeza a subida ata Donís. Subida por pista de terra con pendentes fortes. As máis fortes unha vez entrado no pobo. A igrexa de S. Fiz de Donís merece unha parada, e se está aberta entrar a ver os frescos do século XVI e o retablo, ambos restaurados hai uns anos. No pobo pásase xunto a unha casa con escudo (Casa de Grajal).ACTUALIZACIÓN Febreiro 2015: A subida ata a igrexa está asfaltada, inda así segue sendo dura.

10. Donís-Piornedo: Subida por asfalto desde os 920 m aos 1100 m (2,3 km de asfalto).

Esta ruta foi o Desafío de 2014 do grupo de San Pedro de Lugo e fixémola o 5 de xullo de 2014 o Maestro, Pepín, Jose, Villa, Xemelgas, Marin, Killo, Comandante Juan, Juan Schnauzer, Miro, Lucho, Dioni, Diego, Ismael e Xerpa.

O mellor: sen accidentes nin averías, 20º, día seco e unha paisaxe preciosa finalizando con cañas, viño, cea e copas, para rehidratarse e recuperar electrolitos.

IBP: 215
Piornedo
25-AGO-12 15:09:53
Sendero
Moreira
1120 m altura
Candín
Camino
Camino
21-JUN-14 12:54:05
600 m altura
Camino
Camino
Camino
820 m altura
640 m altura
760 m altura
900 m altura

1 comentario

  • Foto de Maismar

    Maismar 08-jul-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Imprescindible suelo seco y día despejado. La buena aderencia y el paisaje deben ser una prioridad permanente en esta ruta.

    Bo día.

Si quieres, puedes o esta ruta