-
-
445 m
1 m
0
6,5
13
25,83 km

Vista 508 veces, descargada 3 veces

preto de Pontesampaio, Galicia (España)

O roteiro comunica a ría de Vigo coa ría de Pontevedra percorrendo a serra da Fracha. O percorrido é lineal pero é sinxelo chegar ao inicio usando transporte público, xa que temos paradas de autobús próximas ao inicio da ruta, ou ir en bicicleta aproveitando o camiño de Santiago. As vistas da ruta son espectaculares e podemos ver a ría de Vigo ata Rande e a enseada de San Simón. A cidade de Pontevedra pódese ver ao completo unha vez fagamos cumio na Fracha. No primeiro tramo atoparemos numerosos muíños e patrimonio histórico na parroquia de Ponte Sampaio. Faise cumio a 473m sobre o nivel do mar para iniciar o descenso ata o río Lérez por camiños da parroquia de Marcón. Este é un roterio exixente fisicamente polo seu desnivel e a súa distancia pero completase facilmente nunha xornada a pé.

Consellos para o percorrido en bicicleta:
A ruta é exixente técnica e fisicamente. Existen lugares angostos e baixadas pronunciadas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta