• Foto de Gran Ruta Pinteja 2017
  • Foto de Gran Ruta Pinteja 2017
  • Foto de Gran Ruta Pinteja 2017
  • Foto de Gran Ruta Pinteja 2017
  • Foto de Gran Ruta Pinteja 2017
  • Foto de Gran Ruta Pinteja 2017

Tempo  11 horas 10 minutos

Coordenadas 10132

Fecha de subida 8 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
732 m
14 m
0
27
55
109,51 km

Vista 769 veces, descargada 24 veces

preto de Teixeiro, Galicia (España)

Ruta MTB con saída e chegada na plaza de Teixeiro (A Coruña). A ruta transcorre por sendeiros e pistas forestais dos concellos de Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Betanzos, Paderne, Irixoa, Monfero, Aranga e Guitiriz; intentando evitar o asfalto en todo momento.

Saímos de Teixeiro e por pistas forestais chegamos o Monte do Gato (km.12), donde empezamos un descenso divertido combinado pistas de area e pinares ata Parrillada Barral (Ois). Ahí cruzamos a N-VI e seguimos baixando ata a Ponte de As Pías (km. 24. Ponte que separa os concellos de Coirós e Irixoa) e empezamos unha corta pero esixente subida que nos fixo botar o pé a terra. Continuamos por pistas forestais ata o encoro do río Zarzo, donde colleremos dirección Betanzos ata chegar a area recreativa de Chelo (km. 33). A baixada ata o río faise a través dun sendeiro de terra moi divertido e cun toque "endureiro" (baixada do Bocelo). Seguimos a senda do río Chelo (cruzando pola ponte Teixeiro) ata chegar a zona de Os Caneiros e entrar en Betanzos.

Fixemos avituallamento na zona vella de Betanzos (Café Lanzós, km 40) e xa hidratados e tras un pequeno tour pola zona antiga de Betanzos, empezamos a subida ata Irixoa pola carretera de Paderne, combinando pistas alfaltadas e sendeiros ata chegar a Verís onde comimos (Bar Alecrín. km. 60 - Bocadillos espectaculares na terraza e a moi bo precio).

Despois de comer, e tras parada para visitar a fervenza do río Zarzo (Verís. km.63) empezamos outra larga subida por pista de area polo Monte Raño ata chegar o mirador de Pico de Vales (sitio con espectaculares vistas de toda a comarca. km. 70). Desde o mirador seguimos cresteando o Monte Raño por pistas de area, atravesando a Serra da Loba ata chegar o cordal de Montouto (punto máis alto da ruta con 732m. Km 84).

Desde aquí empezamos a baixar ata o Pantano de Guitiriz (km. 88), onde repuxemos líquidos na fonte da área recreativa de San Xoan. Seguimos descendendo por pistas de area ata cruzar a autovía A6 por unha ponte elevada, que nos levará a enlazar coa pista de Rañón ata a aldea de A Muradela (Paradela). Desde aquí, a través dos sendeiros do Mandeo (rutas de senderismo marcadas), chegamos á Taberna de Vilariño, onde reagrupamos e tomamos as ultimas "fantas" (km. 108). Solo quedaba cruzar a Ponte Marzá (sobre o río Mandeo) e chegamos a destino.

Ruta completa con sendeiros, zonas fluvias, baixadas técnicas, pisteo,...) cunha dificultade física alta e dificultade técnica media.

Todas as fotos da xornada:
https://photos.app.goo.gl/EDOM4rnuFFSUxwfJ3

Nota: agradecense comentarios e propostas para evitar o pouco asfalto que non fumos capaces de evitar (sobre todo polo tramo de Betanzos a Irixoa, xa que era a zona máis descoñecida para nos).

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta