Sé el primero en aplaudir
Vista 1380 veces, descargada 18 veces
preto de Barrantes, Galicia (España)
Este é o Track da versión corta da I ruta BTTinto, celebrada o domingo 3-6-12 no Concello de Ribadumia, facéndoa coincidir coa Festa do viño de Barrantes.
Houbo 1150 inscritos e aínda que fallara algunha xente, podo asegurar que fumos un "mundo" de xente. As primeiras rampas de terra foron unha tortura, pois debido á enorme cantidade de ciclistas, cando un se paraba tiñamos que poñer pé a terra tódolos que íbamos detrás. Pero pasados os primeiros momentos e tan pronto collín un pouco de distancia a verdade é que o pasei moi ben. Uns camiños polos montes de Armenteira moi bonitos, con subidas asequibles aínda que nalgunha non lograbas agarrar coa roda de atrás. O avituallamento sólido foi diante do Mosteiro de Armenteira o que nos permitiu botarlle un vistazo por fora. E sobre todo, moi boa a parte final con baixadas pronunciadas e cun final llano que permitía rodar moi rápido por unha pista estreita preto dun regato con contínuas pontes de madeira.
Foto
Mosteiro de Armenteira
03-JUN-12 10:13:18. O avituallamento sólido tivo lugar na praza enfrente do Mosteiro de Armenteira
Comentarios