-
-
506 m
97 m
0
14
27
54,45 km

Vista 1719 veces, descargada 24 veces

preto de Carballo, Galicia (España)

A capital do Xallas ten unha sola fervenza nos seus lindes. Tratase do abrupto salto de Castriz, duns oito metros de altura, que corta o río Mira pouco antes da sua confluencia có Xallas. Na zoa, á cal podese acceder dende o mesmo núcleo que lle da o nome, ainda se conservan restos de cinco antigos muiños de auga, con grandes sillares.

Na parroquia de Entrecruces, próxima á capela de San Paio, encóntrase un dos espectáculos naturais mais fermosos da comarca. O abundante caudal do río Outón precipítase dende unha altura superior aos corenta metros, formando unha fermosa fervenza de espuma e auga. Para chegar ata ela é necesario seguir un camino que parte do lugar de Sabadín.

Esta fervenza pódese ver dende a carretera que une Carballo con Santiago, no ascenso á coñecida como costa de Anxeriz. Está arrodeado de unha espesa vexetación que lle confire un gran valor paisaxístico e ecolóxico.

Esta ruta tivo que abortarse antes de tempo, pois estaba previsto visitar tamen a fervenza de Rus. Noutra ocasión será. Moitas grazas os nosos amigos do clube Monteneme por mostrarnos a beleza da sua terra.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta