-
-
200 m
99 m
0
3,8
7,7
15,35 km

Vista 642 veces, descargada 2 veces

preto de Las Caldas, Galicia (España)

Chega a segunda convocatoria dos Bicipaseos Patrimoniais por Ourense. Despois da fantástica experiencia do 8 de decembro de 2012 coa que descubrimos as orixes da cidade de Ourense e a riqueza biolóxica asociada ó río Miño, nesta segunda convocatoria do 23 de marzo damos a benvida á primavera pedaleando cara dous espazos de grande valor patrimonial, combinando unha vez máis natureza, cultura e deporte. Da man de Martiño (Xeitura) e Rebeca (VOU) descubriremos as dúas catedrais de Ourense -si, non é unha errata, as dúas catedrais de Ourense- e un proxecto frustrado que puido mudar por completo a faciana do noso casco histórico. Disque podendo chegar a ter algo semellante á praza do Obradoiro de Compostela! Con Raúl (Bilurico), desta volta, aprenderemos a mirar con outros ollos un río esquecido en Ourense, o Barbañica. Da súa man remontaremos este río para localizar un lugar extraordinario ó carón do noso municipio, tanto que está protexido baixo a categoría de protección de Espazo Natural de Interese Local. Preparade os bocatas, neste punto faremos tamén un pequeno picnic para repoñer forzas e coñecernos mellor.

A ruta total será de case 16 km cun desnivel acumulado de 189 metros. Noutras verbas: apto para tod@s!!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta