agfranco
338 19 0

Coordenadas 4106

Fecha de subida 17 de julio de 2011

Fecha de realización julio 2011

-
-
623 m
60 m
0
9,8
20
39,05 km

Vista 2099 veces, descargada 32 veces

preto de Serres, Galicia (España)

3ª Edición desta Ruta organizada polo C.C. Muros, con dúas partes moi diferentes. A primeira, totalmente en subida, discurre por pistas forestais amplias e en bo estado, o que axuda a facer máis levadeiro o, en ocasións, esixente desnivel dalgúns tramos.
A segunda parte comeza tras o avituallamento, moi completo, e ainda que no perfil predominan os tramos de baixada, trátase máis ben dunha sucesión de contínuas subidas (cortas pero intensas unhas e difíciles de percorrer polo estado do terreo outras) e baixadas (algunhas sin unha trazada limpa, o que fixo que os máis "torpes" acabásemos no chan varias veces, tres no meu caso, sin consecuencias, agás algún moratón e unha dor nas costelas que a ver si vai pasando).
Sinalización correcta excepto os últimos 5 ou 6 Kms. na que a ausencia de frechas ou sinais obrigaba a adiviñar por donde seguía a ruta.
Final na Praza do Concello de Muros donde foi moi de agradecer o posto de comida e bebida a disposición dos participantes.
Botóuse en falta unha mangueira para lavar as bicis.
En futuras edicións, pediría á organización que fixera un pouco máis equilibrado o percorrido reducindo, na medida do posible, as diferencias de desnivel e, sobre todo, o tipo de trazado entre a primeira e a segunda metade da ruta.
E para continuar coa costume deste ano, ainda que estamos en pleno mes de xullo, o tempo non dou tregua e tivemos que sufrir un día húmedo, case con frío, e tapado pola néboa que non deixaba ver máis aló de 20 ou 30 metros.
Unha circunstancia que nos impedíu disfrutar da beleza das vistas sobre a Ría de Muros. Outra vez será...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta