-
-
504 m
67 m
0
12
24
47,81 km

Vista 1969 veces, descargada 100 veces

preto de Brion, Galicia (España)

Regulamento

Art.1.- O Club Ciclista Os Esfola Arrós, en colaboración có Concello de Brión, coa autorización da Federación Galega de Ciclismo e os organismos competentes, organiza a “IV Marcha BTT Os Esfola Arrós” que se celebrará o día 14 de Abril de 2013.

Art.2.- Esta marcha ciclista de montaña está aberta pata todos os ciclistas que se atopen en posesión da Licenza Federativa do ano en curso, e que teñan 15 anos ou os cumplan durante o ano 2013. Quen non quen non posúa Licenza Federativa, poderá obter unha licenza, válida só para o día da proba, concedida pola Federación Galega de Ciclismo, debendo pagar un suplemento á cota de inscrición de 12 €.

Art.3.- A Marcha será neutralizada, atendendo os participantes ao ritmo imposto pola organización. A Ruta estará sinalizada, debéndose seguir o itinerario e o ritmo marcado pola organización, non podendo ser pasado o grupo de cabeza en ningún momento.

Art.4.- Haberá puntos de avituallamiento e reagrupamiento, debendo ser respectados por todos os participantes. É de obrigado cumprimento a conservación e o coidado da contorna, facendo uso das bolsas e colectores dipostos para iso.

Art.5.- Será rigorosamente obrigatorio o uso do casco protector e o dorsal facilitado pola organización, o non respectar este artigo suporá a exclusión da marcha polas autoridades competentes.

Art.6.- A IV Marcha BTT Os Esfola Arrós, ten un percorrido de 48 Kilómetros aproximadamente, e sairá ás 9:30 horas da Carballeira de Santa Minia en Brión, sendo o prezo de inscrición de 12 €. Cun límite de 300 Prazas.

Art.7.- Todos os participantes deben aterse aos horarios e lugares de partida reflectidos na información xeral, debendo presentarse trinta minutos antes da hora de saída para recoller o dorsal.

Art.8.- Só serán considerados participantes, aqueles que pagasen a cota de inscrición e leven en lugar visible o devandito dorsal, que será facilitado pola organización.

Art.9.- Entregaranse recordos a todos os participantes, haberá sorteos e á finalización da marcha, haberá unha comida para todos os participantes e acompañantes que así o desexen.

Art.10.- A Organización resérvase o dereito de modificar ou cambiar todo o relativo a estes regulamentos, contando coa pertinente autorización da Federación Galega de Ciclismo. Os puntos de avituallamientos, itinerarios, etc, se por causas de forza maior fose necesario.

Art.11.- A organización resérvase o dereito de participación até 300 ciclistas como máximo, reservándose a orde de inscrición, considerándose como inscritos, aqueles que remitisen a solicitude á organización con todos os datos cubertos e pagado a taxa de inscrición correspondente en data e forma.

Art.12.- A organización dispón de todos os seguros obrigatorios (responsabilidade civil e accidente deportivo), que corresponden na organización de todo este tipo de eventos deportivos.

Art.13.- Todos os participantes da marcha e colaboradores desta, considéranse en excursión persoal, e deberán cumprir o vixente regulamento de circulación, sendo cada un deles responsable das infraccións que poidan cometer.

Art.14.- Os menores de idade, e que non se atopen en posesión da licenza federativa do ano en curso, para poder participar na marcha, deberán presentar unha autorización paterna ou titora, onde deberá constar a autorización expresapara poder participar na IV Marcha BTT Os Esfola Arrós e que poden solicitar ao Club.

Art.15.- A organización disporá de ambulancia e asistencia sanitaria, tamén haberá asistencia sanitaria, tamén haberá asistencia mecánica gratuíta, salvo pezas, cuxo custo será a cargo do interesado.

Art.16.- Todo o non relatado neste regulamento particular da proba, seguirase o regulamento de cicloturismo da Federación Española de Ciclismo.

Art.17.- O cicloturista inscrito, declara coñecer e asumir os riscos inherentes da participación nunha marcha cicloturista, que sempre discorre con circulación aberta ao tráfico, ademais de aceptar os riscos que para a saúde puidese supor o esforzo deportivo.

Art.18.- O mero feito da inscrición nesta IV Marcha BTT Os Esfola Arrós – Concello de Brión, leva consigo a aceptación do presente regulamento, o non cumprir algún dos artigos mencionados, daría lugar por parte da organización, á descualificación do infractor ou infractores polas autoridades competentes presentes o día da Marcha BTT.

Moitas Grazas pola súa atención e colaboración

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta