julk

Tempo  6 horas 7 minutos

Coordenadas 4084

Fecha de subida 7 de diciembre de 2014

Fecha de realización diciembre 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
854 m
373 m
0
20
40
79,12 km

Vista 2350 veces, descargada 40 veces

preto de O Carballiño, Galicia (España)

Tremenda colección de carreiros con encanto. A ruta reúne moitos tramos cun puntiño de diversión, ás veces de dureza, pero sempre cunha dose de beleza.

Saímos do Carballiño pola pista que vai paralela á estrada de Cea ata a altura do matadoiro, que nos desviamos para coller un carreiro que nos leva a Mouriz. Desta aldea baixamos ó Arenteiro, que acompañamos ata que collemos o desvio para Boedes.

Nesta aldea comezamos a enlazar camiños para, pouco a pouco, tomar altura e poder rodear o monte da Madanela pola súa cara norte. Esta pista serpentea arriba e abaixo, pero sempre con tendencia ascendente.

Unha vez que nos imos achegando á altura de Marañís deixamos esta pista para baixar por un carreiro que atravesa unha fraga tradicional con marcas de roda de carro que morre na aldea de Alén.

Atravesamos o núcleo e, nada mais deixar as casas atrás, nos desviamos á esquerda por otro camiño primeiro novo e mais adiante tradicional, moi fermoso, que morre na Devesa.

Saimos da Devesa en dirección Paredes, aldea que atravesamos por un carreiro que morre un pouco mais adiante do cruce coa Devesa. Nuns metros adiviñamos a entrada a unha pista á esquerda pola que pedaleamos desfrutando dunhas marabillosas vistas ata que morre na estrada Castro Dozón-O Tellado, á altura da aldea de Abeledo.

Nada mais cruzamos esta estrada, porque ya collemos unha pista chea de lama pegañenta no inverno -polo que aconsellamos subir polo eido da dereita-. Son 200 metros, pero fánse moi pesados.

Sen deixar a pista ancha, gañamos velocidade e pronto vemos unha boa baixada que nos achega ó alto da Cruz da Grade. Neste punto retrocedemos uns metros para seguir pola pista que é prolongación natural da que viñamos.

Seguimos subindo por pista ata que se abre ante nos o val do río Viñas. Collemos uns estreitos carreiros que nos achegan á aldea de Espiñeira, e o deixala, afrontamos un empinado tramo con pedra desnuda que pon a proba a nosa destreza.

Xa estamos moi preto de Carballeda, aldea á que accedemos abrindo unha cancela e saltando un pequeno balado, postos polos veciños para evitar o porco bravo.

Deixamos Carballeda pola pista que leva ó parque eólico do Testeiro, pero pouco antes de chegar ó inicio deste parque, collemos un camiño á esquerda que, con mais ou menos pendente, nos achega a Subirol. Este camiño alterna tramos de pedar solta e descarnada con outros de herba densa, e sempre nos afrece unha fermosa vista dos montes de arredor.

Nada mais cruzar a aldea de Subirol deixamos o camiño ancho polo que transitamos para acometer a baixada por outro moito mais estreito e curveado, polo que facemos un descenso con moito "flow". Pena que non dure un par de quilómetros mais...

Xa chegando ó rio vemos un fermoso muiño situado nun encantador recanto, pero nós non nos detemos e facemos unha centea de metros para coller outro carreiro que discorre paralelo ó río Viñas.

Cruzamos este río por unha curiosa construcción totalmente artesanal elaborada con pedra pequena, e comezamos o ascenso cara á aldea de Cobelo. Nada mais ver as primeiras casas da aldea, collemos outro camiño tradicional que ascende cara o lugar de Campo dos Carros.

Contactamos coa estrada que vai ó Irixo, pero non facemos mais ca atravesala e collemos outro sendeiro que baixa ó rego de Surribas. Unha vez atravesado este regato temos que facer unha veintena de metros empurrando a bici polo empinado do camiño e esbaradizo das pedras que forman o fondo deste carreiro.

Sea como fose, pronto vemos un camiño mais ancho que transcorre entre ábores e que nos deixa na entrada de Surribas, unha pequena aldea que atravesamos para deixala por un camiño similar ó anterior, pero en descenso moderado.

Este camiño parece morrer, pero aparece un carreiro entre paredes de pedra, que baixamos con precaución polo esbaradizo das pedras polas que rodamos. Esta precaución nos permite disfrutar da beleza singular do lugar.

Este carreiro morre á entrada da aldea de Froufe, que atravesamos ascendendo de maneira acusada para chegar á pista que bordea o rego do Testeiro, no lado oposto á aldea de Cebral, que vemos nunha vista privilexiada.

Esta pista serpentea pola aba do monte do Coto de Surribas, con vistas sempre ó Testeiro. O firme, con moito toxo, da a impresión de irse cerrar, pero pronto se despexa ó aproximarse á aldea de Parada de Labiote, convertíndose nun fermosísimo carreiro.

Xa en Parada, collemos auga da fonte antes de sair cara á aldea de Prexigueiro e baixar pola pista que morre nos Casares.

Dende os Casares subimos por pista entre piñeiros ata a aldea de Baldesoiro, momento no que collemos un divertido carreiro que morre nas primeiras casas da aldea de Orros.

Deixamos a aldea por un carreiro que ameaza pechar pero que imos completando ata chegares ó río Viñao, que cruzamos por unha ponte de cemento que está fronte un muiño de boas dimensións.

Continuamos por estreitos carreiros, confiando na sorte, ata que chegamos ás aforas da aldea de Saavedra. Cruzamos esta aldea para sair por unha ponte que salva o tendido do ferrocarril.

Nada mais pasar a ponte xa enfiamos un sendeiro entre carballos que hai que coller con fe, pero que non chega nunca a pecharse -polo momento-, anque sí adoece de árbores que hai que sortear de cando en vez. En calquera caso, este tramo é do mais fermoso, e este feito non cae pesado.

Deixamos o carreiro nas inmediacións da capela da Pena da Sela, pero nós subimos pola pista forestal do monte da Forca, que bordeamos para descender á aldea de Campeliños.

Cruzamos Campeliños e o Outeiro para coller un estreito carreiro que nos obliga a facer un vadeo para chegar ás últimas casas da aldea da Pedriña.

Neste punto, en vez de ir pola pista ancha, collemos por un carreiro estreito e por veces con toxos no chan, que morre á altura da ponte do río Pedriña.

Cruzamos este regato e ascendemos pola aba do Medela, para baixar cara Astureses.

De Astureses imos á Fondo de Vila polo -anteriormente- fermoso carreiro, hoxe cementado grazas á inxeniosidade de algún iluminado.

Continuamos polo carreiro que acompaña ó regato Pedriña cara Godás do río no seu vistoso percorrido, actualmente deslucido polo paso de moitas motos que levantan o sustrato vexetal.

Desviámosnos cara a Vilaenfesta e, pola pista que vai por riba da estrada de Pontevedra, baixamos ó parque do Carballiño polo paseo do Arenteiro, polo cal entramos na vila.

Por certo, que a altura que reflexa esta web non parece a correcta; o meu GPS marcou 2400 metros, tal e como aparece na imaxen que adxunto.
Maleza
Carretera sin pavimentar
Bosque

7 comentarios

  • Foto de Oscar L.

    Oscar L. 07-dic-2014

    Faiseme a boca auga...que gañas de adentrarme por eses carreiriños 😍.
    Gracias Julian por amosarnos e facilitarnos estos tesouros 👌

  • Foto de julk

    julk 07-dic-2014

    Grazas polos ánimos, Oscar. Espero que che guste tanto coma a min ;)
    A ver, Sainza. Se non poño nada, protestas. Se a describo polo miúdo, tamén. Aclárate... :P
    Agardo os vosos comentarios. Nunhas semanas farei algunha variante mais sinxela, para que quede mais asequible. De calquera xeito, esta é a propia ;)

  • Foto de julk

    julk 08-dic-2014

    Xa mo dirás ti mesmo. Ten tramos comprometidos, que igual se pechan pronto. Pero preferín escoller camiños antes que pistas ou asfalto, así que eche o que hai.

    A estas alturas, Sainza, xa ves sabendo cómo son as miñas rutas, non si? ;) Pois esta non che ha defraudar. Xa verás.

  • Foto de brunosousa

    brunosousa 12-dic-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta feita 12-12-2014, muy exigente non solo pelo acumulado pero también pela segunda mitad da ruta os caminos (carreiros) exigen mucho, principalmente en invierno!
    Muy recomendable, disfruté cómo un enano, una ruta para disfrutar a 100% do BTT.
    Decir también que +\- al km 38 non encontré un camino pero subí un poco pela carretera y más a diante hay un camino que vay al encuentro do track y listo.
    Y +\- km 41 damos de frente con una finca cerrada, tente contornar pero non se dava, bici al lombo y entre y poco más a delante encontré o camino!
    Alguna árbol caída pero es normal en esta época do año!
    Gracias Julián por compartir estes tesoros y enhorabuena pelo trabajo realizado!

  • Foto de julk

    julk 14-dic-2014

    Grazas polo comentario, Bruno!

    Penso que o sendeiro do km 38 é un que non ten entrada evidente, hai que pasar pola herba e ós poucos metros xa se ven as marcas. É baixando a Espiñeira.

    O seguinte que dis é xa entrando en Carballeda. Primero hai que abrir unha cancela, pasar un prado, e logo saltar un balado de un metro de alto. Xa o advirto no texto, é para evitar un tramo de asfalto e non se pasa por finca algunha (asegurado por un veciño da aldea), só está pechado para que non pase o porco bravo.

  • Foto de sainzajump

    sainzajump 15-dic-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta realizada el día 15/12/2014. El terreno estaba muy pesado, muchos árboles caídos, ramas en el suelo, caminos bastante llenos de maleza , sobre todo la parte final..peeero, disfruté como un buen biker, La ruta es espectacular, quitando lo anterior, mucho sendero, bien enlazados y ruta trail y dura-dura, casi no deja respirar. Un rutón.

  • Foto de sainzajump

    sainzajump 17-dic-2014

    O meu gps marcou 2280m de desnivel acumulado.

Si quieres, puedes o esta ruta