-
-
225 m
3 m
0
13
26
51,25 km

Vista 3139 veces, descargada 28 veces

preto de Porto do Son, Galicia (España)

A ruta iníciase no parque infantil de Porto do Son, saímos pola estrada(AC-550) cara a Ribeira e desviámonos a esquerda no cruce de Ribasieira para atacar as primeiras rampas de ascenso; pasado o campo de fútbol e según chegamos a unha curva pechada á esquerda con tres camiños que sáen a dereita colleremos ó do medio que nos leva por unha pista de terra con varios tramos de ascenso e descenso para chegarmos mais adiante a estrada xeral e collendo á dereita dirixímonos cara ao desvío do Castro de Baroña. Unha vez alí atoparemos un camiño estreito de terra e pedras que baixa por unha trialeira bastante técnica ata o bosque da praia do Dique...; despois de gozar da fermosa vista desandaremos un anaco do camiño e continuaremos a dereita, o que nos levará de novo,ata a estrada xeral e a continuar pola dereita en dirección Ribeira; un par de kilometros mais adiante abandonamos a estrada nunha pista asfaltada que nos levará a contemplar o descoñecido Castro da "Illa do Mar" e regresando despois polo mesmo camiño continuaremos ata o desvio da ponte medieval do Río Sieira (un bo lugar para facer unha pausa e relaxarse escoitando o son da auga e o fresco rumor dos ameneiros). Cruzaremos a ponte -deberemos baixar das bicicletas para facelo- e seguiremos a ruta, ata un área recreativa que atravesaremos deixandoa atrás para seguir a través das pasarelas polas Furnas e a praia do mesmo nome, despois chegaremos ata a lagoa de auga doce de Xuño (onde poderemos observar varios tipos de aves,ánades e con sorte sobre todo algunha garza, mais adiante atoparemos a lagoa de San Pedro de Muro,de auga salgada separada da anterior por unha barreira de dunas fixadas pola vexetación; ambas de excepcional beleza e valor ecolóxico. Seguindo sempre o camiño principal atopamos á estrada e desviarémonos á dereita o que nos levará ata Fonte Espiñosa onde poderemos achegarmos a fonte do mesmo nome e abastecernos de auga; continuamos e tras un par de kilometros collemos a esquerda e dirixímonos por una camiño que no tramo final ascende fortemente ao monte Tahúme; unha vez arriba baixaremos das bicicletas para percorrer uns metros máis a pé e chegar a "cruz do tahúme" desde onde poderemos recuperarnos contemplando unha fermosa vista da costa e do mar e, ollando cara o Sur da Duna de Corrubedo e da Lagoa de Carregal. De novo nas bicicletas... emprendemos camiño de regreso descendendo pola estrada e dirixíndonos de fronte para cruzar a aldea de Seráns e comezar un cómodo percorrido polas pasarelas de madeira cara a praia de Espiñeirido,facendo despois un traxecto circular para iniciar, unha vez chegados de novo ao pé do Tahume o regreso por estrada ata enlazar coa( AC-550) que nos levará de novo a rematar a nosa viaxe en Porto do Son ao carón da igrexa parroquial...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta