-
-
1.596 m
475 m
0
25
49
98,23 km

Vista 1711 veces, descargada 4 veces

preto de Laza, Galicia (España)

Ruta con saída de Laza ata o Alto de San Mamede pasando por Correchouso e a Silla da Raíña. Baixada dirección noreste polo Mirador do Xaime. Dende aquí adentramonos no bidueiral de Montederramo pola súa parte máis alta, sen baixar ao Campo do Casar, e dirixirnos polo Penedo dos Lobos ata a cola do embalse de Chandrexa de Queixa. Dirección suroeste seguimos o camiño da Edreira pasando pola Ferreiria para subir de novo ata o cordal da Serra de San Mamede, xusto a 500 metros da Silla da Raiña. Cambiamos a dirección sur novamente para dirixirnos ata Touro e Cerdedelo. Dende Cerdedelo seguindo a Pista do Marroquí chegamos á Cruz de Portocamba e dende aquí collemos o trazado da Vía da Prata para voltar a Laza pasando por As Eiras.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta