Descargar
mpermar

Lonxitude

21 km

Desnivel positivo

682 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

682 m

Altitud máxima

357 m

Trailrank

33

Altitud mínima

69 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo en movimiento

unha hora 47 minutos

Tempo

unha hora 59 minutos

Coordenadas

2612

Fecha de subida

6 de septiembre de 2020

Fecha de realización

septiembre 2020
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
357 m
69 m
21,0 km

Vista 32 veces, descargada 1 veces

preto de Coirós, Galicia (España)

Ruta que para min é de esas de cabeceira. Para cando o corpo pide río e un quere pasar un par de horiñas tranquilo. Arrancamos tirando a espenuca para, nada máis empezar a subir, virar hacia o río en baixada vertixinosa que nos leva a Chelo. A baixada non é complicada pero ten zoas de bastante pendiente na que é mellor ir amodo se non hai confianza.

Xa en Chelo, enfiamos a ruta do Auga. Subimos para baixar ata o Bocelo. Recorremos un pouco o río por unha parte técnica na que habrá que baixar se en varias partes e chegar á central hidroeléctrica do Zarzo.

Seguidamente subimos pola mítica costa do tubo. E xa en Vilamourel en lugar de seguir pola clásica ruta da Auga, desviámonos hacia o encoro do Zarzo que nos brinda unha nova baixada por pista para despóis voltar a subir ata a canle. Xa ahí, baixamos ata a área recreativa e ponte das Pías. A parte final de esta baixada é complicada así que é mellor baixarse se non se ten confianza.

Xs para rematar. Resta subir ata Oís e dende ehí enfilar a estrada a Espenuca para desviarse e baixar ata Coirós por unha serie de pistas divertidas.

Ruta sinxela en canto a distancia e tamén no aspecto técnico ainda que poño como moderada por ese par de baixadas complicadas que pode haber. Pódese facer perfectamente andando nunhas cantas horiñas. Para rematar unha comida ou unhas cañas no Caserio de Tión nunca falla para recuperar forzas.
Foto

Coto de Chelo

O lugar de Chelo é un paraxe fluvial situado no val de A Espenuca, que foi declarado paisaxe pintoresco polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto. A presa é o seu lugar máis destacado e alí encontrase tamen a Aula da Natureza que oferta un interesante itinerario ambiental polo Mandeo. Permite as visitas guiadas, tanto a grupos organizados como a particulares.
Foto

Río Mandeo

Na ribeira do Mandeo, destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais alonxados do río, en en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía, O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a salamandra, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a nutria.
Foto

Central hidroelectrica do Zarzo

Mini central hidroeléctrica que aproveita a canalización do río Zarzo hacia o río Mandeo. É unha central activa e non exenta de polémica polo impacto medioambiental que causa a apertura das turbinas e a explotación eléctrica no pequeno tramo salmoeiro do río.
Foto

O Tubo

Canalización de auga do Zarzo ata o Mandeo. Ten unha lonxitude de 180m e leva a auga dende o encoro situado máis arriba ata a central hidroeléctrica.
Foto

Encoro do Zarzo

Encoro do Zarzo dende onde se canaliza a auga ata a central. Ten unha capacidade de 200.000 metros cúbicos e construise no 1994.
Foto

Canle do Zarzo

Trátase dunha canle de 3km de lonxitude destinada a recoller a auga do río Zarzo e traspasala ao encoro para posteriormente deixala caer polo enorme tubo e poder xerar a electricidade.
Foto

Área de ocio de As Pías

Pequena área de ocio situada nunha zona onde fai mais de 100 anos existía unha central hidroeléctrica que foi desmantelada trala construcción da central do Zarzo. Trátase dun área de ocio especial xa que non é posible acceder en coche e é necesario un bon traxecto en BTT ou a pé para chegar a ela.
Foto

Fonte

Fonte para recuperar líquidos tras unha dura subida dende As Pías.
Foto

San Xulián de Coirós

Igrexa de estilo románico de finais do século XII.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta