-
-
206 m
-17 m
0
8,8
18
35,04 km

Vista 3373 veces, descargada 76 veces

preto de Cangas, Galicia (España)

A nosa crónica da marcha btt, vista dende a cola do pelotón.

Gracias a todos por participar e perdoade os que vos vistes perxuducados por certos problemas puntuais que sabemos que podemos mellorar (outras cousas non podemos melloralas aínda que queiramos). Uns 900 ciclistas atrevéronse coa marcha e máis de 200 na andaina. Son cifras que superaron con creces as expectativas inicias Recollemos tamén tres caixas de móbiles vellos que tamén serven para aportar fondos á causa.

O máis incrible do día foi que aguantase soleado despois de 50 día de chuvia: parecía un miragre. Estivo chovendo ata a noite anterior, e notábase ben. Non sei se foron ovos a Santa Clara ou que Roque coñece unha exconxuro porque sempre consigue que haxa sol cando lle interesa. Escolleu data, e acertou como sempre.

Comezamos as inscricións na praza, un sitio bonito e representativo de Cangas. Ó final o lugar resultou un pouco apretado e caótico, pero habíase agradecer máis se chovese. Seguiremos buscando outras alternativas. A recollida de dorsais rematou case puntual e eu tiven que saír correndo para non perder a cola (da ruta, claro).

Tanta enerxía lle din de principio que rompín a cadenilla no primeiro acelerón para cruzar a estrada, a 10 metros da saída. Gracias a Diego solventouse rápido pero só sería un aperitivo. Debeulle botar a man a un mínimo de 7 cadenillas máis. Xa na primeira subida por asfalto atopamos máis averías. Aí unímonos a un grupo duns 30 Picarañas, na cola debido a un regueiro incrible de averías en frenos, cadenas, rodas, cambios que se foron arranxando cun humor excelente. Case foi surrealista un cambio de cambio (quen leva un cambio de reposto na mochila?) chegando a Darbo, onde nos adiantaban as vellas que ían á misa. Nesta longa parada berraban tanto que os voluntarios pensaron que pasaba algo grave! Pero todo eran riras e vaciles.

Xa na igrexa de Darbo cruzamos unha finca do cura, que igual botou algún pecado e creo e nos excomulgou a todos, jajaja.

A baixada cara Aldán foi a que máis me sorprendeu polo seu estado lamentable, nunca pensei que eses camiños acabarían así de mal. Era unha pelexa constante entre buracos ocultos, ríos revoltos, lama remexida e charcas de lado a lado. Non me sorprende o dos larguísimos atascos, que nós xa non collemos. Pero señores, é o que hai. Podo asegurarvos que percorremos as zonas máis secas de Cangas!

Seica había uns gaiteiros de Ludovaina no bosque encantado, o noso grupo non chegou a tempo, creo que xa levábamos 45 minutos de retraso. Despois de Aldán cambiamos aos averiados que iamos collendo polos escarallados. A partir de aí acompañamos xente superada pola dureza do perfil e o terreo. Aos poucos fomos convencendo a quen peor o pasaba para retirarse e fomos avanzando entre as zonas técnicas que levaban Vilanova. Nesta parte temos que recoñecelo, era dura porque era dura, non é culpa da chuvia.

Chegando á zona de Donón, moitos Picarañas recortan sen chegar ao avituallamento debido ao enorme retraso das averías. Unha mágoa chegar alí e decatarme de que nos quedamos escasos co avituallamento, foi unha decepción, ben sei que que fastidia.

Os que iamos collendo na cola despois xa non podían nin subir pequenas costas. Foron retirándose para así non ter que ir a pé ata Cangas. Supoño que a falta de comida tamén puido ter culpa, dende logo a min aceptáronme ansiosos as 9 barritas que levaba e fun ofrecendo aos máis pálidos. Os retirados contáronse a ducias e moitos máis atallaron pola estrada, creo que o nivel de dureza aumentou exponencialmente debido ao terreo.

O final da larga subida, xa na volta, levounos aos supercharcos e á baixada máis técnica. Polas fotos vese que era realmente complicada, aínda que parece que non houbo incidentes graves, nin aí nin en ningún lado. Soubemos innumerables caídas, moitos besaron o chan varias veces, pero non nos consta nada realmente grave. Supoño que a reducida velocidade que se podía coller tivo algo que ver.

As últimas baixadas levaban de novo á costa. Un dos últimos que abandonaron foi por falta de frenos, e ía controlando a bici metendo zapatilla na roda de atrás, estaba claro que iso non tiña futuro. Nun muro atopamos unha mochila esquecida. Nada sorprendente, excepto que levaba dentro o móbil, gps e unha TABLET, quen leva unha tablet a unha ruta btt, no medio da lama?

Seguro que algún sorprendeuse ao ver incluso bañistas en pleno frebreiro, na Praia de Santa Marta e as duchas de Area Milla tamén eran moi demandadas.

Xa no roteiro costeiro, acordaríadesvos de nós pola subida final inesperada. Fíxose por razóns de seguridade, debido a que hai curvas cegas nunha zona moi percorrida por paseantes.

A continuación creo que todos quedamos encantados do incrible traballo que fixeron os de protección civil coa iluminación do túnel. Bravo por eles, por iso e por mil detalles máis nos cruces. Parecíanme 100, pero seica non eran máis de 20.

Xa chegados a Cangas, pasadas as 2.30 non había moita xente. Sei que houbo problemas coas duchas e longas colas nas mangueiras. Son puntos a mellorar. Por certo “gracias” aos que non nos devolvestes os dorsais. Temos tres xamóns e moitos regalos máis que non se repartiron.

Por certo, gracias por ir aos locais patrocinadores da marcha. Para nós é un detallazo quedar ben con eles enchendo cafeterías, restaurante e mesmo hoteis. Desa forma é moito máis doado conseguir colaboracións no futuro.

Moitas gracias a todos, espero que levedes un bo recordo da ruta e se algún día vos apetece facela con menos xente e mellor terreo, estamos aquí para acompañarvos.

Ver más external

4 comentarios

  • Foto de marajota

    marajota 17-feb-2014

    Aquí a tedes, esa pedazo de ruta que debeu ser un pequeno inferno para moitos. Xa sabedes, o 16 de Febreiro de 2014, tras meses de chuvia continuada, metémonos 900 a revolver no barro nunha marcha solidaria, para recaudar fondos a prol da investigación da síndrome de Angelman.
    A ruta é intensa, chea de subidiñas poderosas. Tamén ten baixadas moi divertidas, pero o barro converteuna en moito máis esixente do planeado. Aínda así foi un estupendo día de purto mtb.

  • Foto de Neboa_RR

    Neboa_RR 12-mar-2014

    Fue divertido ayudaros como P. civil, pero para la próxima me apunto a rodar tb, mucha envidia sana ;)

  • Foto de marajota

    marajota 12-mar-2014

    Cantos máis en ruta, mellor!
    A verdade é que se agradeceu moitísimo a vosa colaboración. As rutas a Cabo Home sempre teñen o problema adicional de contar con moitísimos cruces e precisamos axuda.
    Na próxima, dereitos para o monte! como as cabras.

  • Foto de Neboa_RR

    Neboa_RR 12-mar-2014

    Jajaajaja como las cabras, si, pero con menos arenas movedizas, perdón, barro xD

Si quieres, puedes o esta ruta