• Foto de Minas de Varilongo
  • Foto de Minas de Varilongo
  • Foto de Minas de Varilongo
  • Foto de Minas de Varilongo

Coordenadas 706

Fecha de subida 18 de julio de 2011

Fecha de realización julio 2011

-
-
532 m
100 m
0
15
30
60,27 km

Vista 1639 veces, descargada 56 veces

preto de Carballo, Galicia (España)

Durante a época dourada da mina, o nome de Santa Comba era coñecido nas chancelarías de toda Europa. Das minas de Varilongo salía o wolframio necesario para a construción da artillaría pesada do exército nazi e as Panzers divisións do Tercero Reich Alemán, aínda que tamén para os ingleses, e para os americanos durante a guerra de Corea.



Cando se descubriu a mina, o quilo de wolframio custaba 200 ptas (1,20 euros) e o xornal dun obreiro era de 19 ptas (0,11 céntimos de euro), o que veu a determinar que desde ese intre se coñecese o novo mineral como “Ouro negro”, ademais de que nun principio pensouse que a mina era de ouro.



A lenda di que había tantos cartos que os cigarros acendíanse con billetes de mil pesetas (6 euros), nun momento en que “La mayor parte de los feligreses estaban debiendo dinero en Santa Comba, las casas eran todas casi como chozas, la gente vivía míseramente, comían mal, las camas como pocilgas, en vez de colchón o jergón, tenía un poco de paja y retama (xestas), sin sábanas, a lo sumo una por abajo, de lino áspero, que hacían por aquí en los telares de aldeas, vestían pobremente”



Nos anos 80 a produción estábase incrementando ano tras ano nun 50%, sendo a produción da mina de Varilongo a maior de España e Europa, acadando a cifra de case 250.000 toneladas de concentrado de wolframio no ano 1.984 e preto de 20.000 toneladas de estaño, así como indeterminadas cantidades dun produto mixto de wolframio e estaño.



En época de máxima tensión, co motivo do peche da explotación, uns 20 mineiros encérranse na mina mantendo secuestrados ós directivos. As forzas antidisturbios estaban dispostas a actuar; pero receosos ante esta posibilidade, os mineiros pechan a entrada ás galerías con dinamita, coas súas correspondentes conexións eléctricas e aparentemente listas para facelas estoupar “si alguien trata de sacarnos estamos dispuestos a hacer explotar la dinamita y morir dentro de la mina, todo menos salir con la cabeza baja como cobardes”. “nadie”, aseguraba de forma tallante un deles, “nos sacarán de aquí con vida por la puerta”.









Nun contexto de máxima pobreza na historia do pobo áchanse as minas de Varilongo. Nos anos 30 ou 40, o párroco de Padreiro, don Celestino Lema Castro describía ós feligreses no Libro de Contas da seguinte forma: “La mayor parte de los feligreses estaban debiendo dinero en Santa Comba, las casas eran todas casi como chozas, la gente vivía míseramente, comían mal, las camas como pocilgas, en vez de colchón o jergón, tenían un poco de paja y retama (xestas), sin sábanas, a lo sumo una por abajo, de lino áspero, que hacían por aquí en los telares de aldeas, vestían pobremente”.



1914 foi un ano clave, xa que se produciu un achado que cambiaría a vida dos xalleiros: un depósito de wolframio en Varilongo a 8 quilómetros da capital municipal. Unha pedra deste mineral, que cabía nun puño, podía representar para o seu dono meses de traballo na terra ou coidando o gando. Nun tempo no que o quilo de wolframio custaba 200 ptas (1,20 euros) e o xornal dun obreiro era de 19 ptas (0,11 céntimos de euros), e cun pouco de sorte podía gañar entre 1.000 e 2.000 ptas (6-12 euros) nunha hora, “roubeta” (contrabando) a parte. Nun principio pensouse que a mina era de ouro, o que veu a determinar que desde ese intre se coñecese ó novo mineral como “Ouro negro”.



A xente adicouse masivamente á mina, na que, cunha extensión de 8 km de longo por 1 de ancho e filóns paralelos de Norte a Sur chegaron a traballar ata a 130 metros de profundidade, preto de 4.000 persoas procedentes de toda España, tanto oficialmente como de contrabando, acto coñecido como “A roubeta”. Santa Comba converteuse nun sitio distintivo en Galicia.



Pero tamén houbo unha parte negativa, xa que contáronse numerosas mortes. Coller o volframio na mina implicaba unha serie de riscos. A dictadura comezou a orixinar pánico e varios grupos de gardas armados (carabineros) non tardaron en impoñer o seu poder, que segundo recordan os mineiros máis vellos, “as súas actuacións non envidiaban as do oeste americano, houbo moitísima xente que quedou no sitio correndo polo monte”.



Coa II Guerra Mundial, Santa Comba foi enclave estratéxico, xa que Alemaña necesitaba o mineral para endurecer o aceiro dos carros de combate, e en momentos de loita armada querian atopalo en Europa e non ir a lugares como China ou Birmania. Hitler pídelle permiso a Franco para explotar a mina co obxectivo de cobrar, deste xeito, parte da axuda prestada durante a Guerra Civil. A partir dese intre, das minas de Varilongo saía o wolframio necesario para a construción da artillaría pesada do exército nazi e as Panzers divisions do Tercer Reich Alemán.



Era por diante, e á vista de todos, Varilongo; pero por detrás, un enxamio de espías, negociantes alemáns e británicos, contrabandistas, especuladores, aventureiros e campesiños reconvertidos en mineiros que pululaban en busca do escuro obxecto da codicia, o wolframio. A feroz batalla polo mineral, indispensable para alimentar a voraz industria bélica alemana. Nestas redes destacaba Johannes Bernhardt, o rei do volframio, enredado nunha mesta tea de raña onde estaban os consulados, a trama local de Vigo, a Xestapo, a Abwer e a SD (servizios de intelixencia e espionaxe alemán), mesmo un gran equipo de propaganda nazi levada desde Madrid, o restaurante Horcher e a embaixada alemana, ou a casa do gran xefe de propaganda nazi: Josef Hans Lazar facía os cargos locais da falanxe, curas e oficinas de correos.



O mineral vendíaselle oficialmente ó exército alemán de Hitler, pero tamén e de forma non oficial ós ingleses, que non o necesitaban, pero comprábano dentro da estratexia militar de rebentar o mercado e deixar sen existencias ós alemans. Os británicos tamén tiñan as súas redes de contraespionaxe, entre elas, figuraba a rede de evasión entre Francia e España de Ponzán, un profesor republicano que estivo no veciño concello de Dumbría; así como outro grupo no norte da península, cun total de 60 enlaces. Encargábase de sacar fotos ás defensas costeiras galegas, controlar a produción nas fábricas de armas e establecer a información da entrada e saida de buques. Algo que conseguiron a medias, porque o tungsteno, nome co que tamén se coñece o wolframio seguiu fluindo cara a Berlín ata vésperas da rendición Nazi.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta