-
-
505 m
15 m
0
12
23
46,47 km

Vista 22 veces, descargada 0 veces

preto de Rutis, Galicia (España)

Salida 60% monte, con dificultade moderada, pero con 3 rampas imposibles debaixo do Petón do Xalo, que poden evitarse subindo polo camiño natural.

Dende Vilaboa subida pola rúa Penaloureira, ca costa de cemento que fai entrar en calor os músculos, pasando por encima da Terceira ronda de camiño á residencia de Caser. Dende aquí unha estreita e pequena senda que vai pegada ó entorno do campo de Golf, moi cerrada en algún tramo polas silvas e os toxos.


Sendas traseiras do Monte das Arcas, para achegarnos ata Orro, donde collemos a ponte que pasa por encima da autovía e volvemos a circular por sendas de monte. Pouco máis adiante enlaza ca antigua vía do tren, e tras pasar os dous túneles chega ata a antigua estación de Bregua (cafetería onde almorzar ou onde se pode reponer forzas)
Desde aquí tramos de carretera (a senda que trata de seguir o track está moi cerrada e fainos enrtar e sair de varias leiras na baixada) Seguindo a carretera e pasando por Ledoño, Peiro e Veiga, chegase ás primeras rampas que nos acercan ó Xalo. As primeiras bastante duras e despois alterna rampas duras con algunas máis suaves.

Neste trasck saese da senda habitual e buscase chegar á parte de abaixo do Petón, onde se practica escalada (como se ve nas fotos) Pouco recomendable seguir este tramo xa que topamos con rampas imposibles (quizais mellor de baixada) na que non queda máis remedio que cargar ca bici ás costas.

Xa na senda máis concorrida chégase ata as antenas do Xalo dende onde baixa pegado á carretera nacional por unas costas moi divertidas, ata Folgueira. Volta a tomar asfalto, ata Tabeaio, onde cruza a nacional para tratar de seguir de regreso o camiño francés. No comezo (km 31,5) hai un punto de descanso dos peregrinos, con uns bancos de madeira e unha fonte, moi apto para repoñer forzas.

Dende aquí, tramo final con subida por diante da central de Dacunha pasando por Anceis , A Pena, e na Telva voltando para regresar polos camiños que rodean o río Mero ata o Paseo do Burgo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta