-
-
271 m
11 m
0
8,9
18
35,47 km

Vista 7 veces, descargada 0 veces

preto de Rutis, Galicia (España)

Ruta 80% monte con algún tramo de asfalto que une os distintos tramos.

Dende Vilaboa subida ata a entrada do campo de golf, pasando por encima da 3ª ronda, tomando carreiros un pouco cerrados de toxos e xestas altas, ata o monte das Arcas e baixando ata Uxes. Dende aquí enlaza un tramo de asfalto cunha senda moi bebetera, ata Igrexario, que forma parte da senda ciclable de Canzobre.

Dende alí comezan as dificultades técnicas, xa que se toma a senda que vai polo medio do cortafuegos ata Fortesende, con rampas duras de subida, e con alguna dificultade na baixada. Desde aquí subida por senda amplia e levadeira, con alguna rampa esixente, para levarnos (km 18 e 19) a unha durísima subida, na que acompañamos a bici costa arriba, seguida de un quilómetro de baixada con rampas moi técnicas. O terreo con rampas de 45º , moitas pedras, pouco transitable e que require que acompañemos en moitas ocasións á bicicleta, fai que a etapa teña una dificultade técnica alta

Enlazamos por carretera con Boedo, e voltamos a sendas de monte ata Bregua, continuando polo monte un pouco antes da antigua estación, e enlazando con Orro pola antigua vía do tren. Tramo levadeiro e con moi boas vistas da zona.

Desde Orro outro par de rampas exixentes e bastante cerradas de maleza, para situarnos de novo na parte traseira do monte das Arcas. Sendeiros paralelos ó campo de golf que nos van acercando ata o aeroporto e a terceira ronda.

Cruzase por baixo a 3ª ronda para deixarnos caer por carreiros divertidos de volta a Vilaboa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta