Coordenadas 716

Fecha de subida 29 de octubre de 2011

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
304 m
3 m
0
14
28
56,79 km

Vista 1962 veces, descargada 31 veces

preto de San Martin de Jubia, Galicia (España)

Ruta idónea para entrenar en tempo chuvioso, xa que transcurre toda por asfalto e pistas de bo firme. Mestura ascensións de montes con traxectos á veira do mar e permite contemplar as praias máis fermosas de Valdoviño.
panoramica

Miradoiro do Esperón

Impresionante miradoiro natural sobre Ferrolterra e Valdoviño. Hai unha lenda que dí que o monte está cheo de auga.
cima

Pena Moura

Cumio de 313 metros, totalmente estragado polas plantacións de eucaliptos e un parque eólico. Perto da cima atópanse enterramentos megalíticos (mámoas).
Velero

Encoro de As Forcadas

Presa no río das Ferrerías, parroquia de Vilaboa, Valdoviño. Ten unha capacidade de 10,7 hectómetros cúbicos e abastece de auga potable a Ferrola e os concellos limítrofes. Hai un clube náutico que organiza cursos e actividades ó longo do ano.
foto

Capela da Fame (Liñeiro)

Capela de "Nosa Señora da Fame", coñecida popularmente como "A Capela da Fame". Unha das ermidas máis senlleirasdo Camiño a San Andrés de Teixido. Servía de lugar de reposo espiritual e de parada para que os peregrinos recobrasen forzas.
foto

Praia de Vilarrube

Fermosísima praia de 1650 m. de lonxitude e area fina. Un tranquilo lugar de lecer.
foto

Pazo de Vilarrube

Pazo en bó estado de conservación. É de propiedade privada e a súa situación na ladeira do monte fai que domine toda a enseada de Esteiro, con Cedeira ó fondo.
foto

Praia do Baleo

Praia de 400 metros de lonxitude e de area branca e fina. Regardada polos cantís, rodeada de prados e alonxada das vivendas é un recuncho case virxinal.
foto

Praia do Rodo

Pria de area fina e branca de case un kilómetro de lonxitude. Lugar de práctica do surf por antonomasia, nela celébrase cada ano o coñecido torneo "Pantin Classic".
panoramica

Miradoiro de Valdoviño

Miradoiro situado a 150 m. de altitude sobre a paria de A Frouxeira e Valdoviño. Magníficas vista da costa, dende Punta Candieira ata Cabo Prior.
foto

Praia da Frouxeira

A praia de máis sona de Valdoviño. Ten máis de tres kilómetros de lonxitude i é de area blanca e fina. Está moi humanizada e conta con todo tipo de servizos.
foto

Lagoa da Frouxeira

Humedal de gran importancia dende o punto de vista ormitolóxico. Ten 1600 m. de longo e case 500 m. de ancho. Pertence a Rede Natura e ó Convenio RAMSAR i é un lugar de importacia para a avifauna (ZEPA).

1 comentario

  • Foto de LSM 100000

    LSM 100000 13-ago-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta fantástica. Con desnivel llevadero por el asfalto, aunque exigente aún así. Las vistas maravillosas, merece hacerse sólo por esto, cobra más protagonismo que el ejercicio mismo. Ánimo, no tardéis en hacerla!!

Si quieres, puedes o esta ruta