-
-
517 m
-56 m
0
8,6
17
34,51 km

Vista 15 veces, descargada 0 veces

preto de Noia, Galicia (España)

Ruta con 60% de sendas de monte e camiños ciclables de terra. Ten unha subida inicial desde Noia ó Iroite por carretera e o tramo final ata plaia Sieira. Sinxela, en todos os tramos salvo na baixada dende o monte Graiade, onte toma un tramo de 200 metros no que é moi díficil baixar montado na bici. Pódese facer un tramo exterior que suaviza a pendiente.

Saida desde Noia, por carretera sube desde a Peña, pasando polo Páramo, ata o alto do Iroite, sen chegar á base militar. Desvíase por unha senda que nos leva ata Lidón. No recorrido aparece colgada unha baizada e a posterior subida xa que nos deixamos guiar por un grupo de bikes que estaban a facer a Bealo Party 2019 pola zona do Iroite.
Desde Lidón unha serie de sendeiros pola parte alta da serra do Barbanza, con vistas fantásticas, vacas e Cabalos salvaxes, e pequenos regatos por todos lados. Cara a dereita o monte Enxa.

A partir do quilómetro 24 subida ó monte Graiade, onde se atopa o vertice xeodésico de Graial Altitud sobre o nivel medio do mar de 488,40 m; cunha rampa final complicada, mellores vistas da ría, de Corrubedo, as Furnas, as dunas... A baixada inicial por unha senda bastante rota, complicase tras 300 metros onde a pendente e o chan de roca fai imposible baixar sobre as bicicletas, recomendable subir un tramo á dereita para volver a baixar pola senda ciclable que ten moita menos pendiente.

Desde alí baixada divertida con tramos de curvas e senda amplia, ata Sieira onde tomamos a carretera ata a plaia das Furnas, para volver pola pasarela ata plaia Sieira.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta