-
-
476 m
12 m
0
9,6
19
38,35 km

Vista 14 veces, descargada 0 veces

preto de Noia, Galicia (España)

Ruta con 70% camiños de monte e dificultade difícil polas rampas polas que nos achegamos ó mirador, moi cerradas de maleza en algunha zona, con moita pedra solta e moi rotas en algún tramos.

Salindo de Noia polo paseo de Barro cambiamos á altura de Eiroa o asfalto polos camiños de monte, tras un sube e Baixa divertido por baixo das Pontes que atravesan o Tambre e a Ria, volvemos a circular un par de quilómetros por carretera para pasar sobre a ponte Romana de Pontenafonso (visita obligada) onde retomamos os tramos de monte paralelos ó río Donas. Pequenos ascensos e baixadas pon una senda amplia e moi ciclabe no comezo. que se van cerrando e volvendo máis pendientes a medida que nos acercamos á zona de Casais.

Desde ahí a subida complicase pola pendiente dos tramos, con moita pedra solta e moi expostos ó calor e ó sol xa que non contamos ca sombra das árbores. Subida ata o punto máis alto, con unas grandes rocas no alto da montaña, (Pedra da Bella) e onde está o vértice Xeódesico de Bella (V.G. 9392 - Bella) cunha altitude de 477 metros sobre o nivel do mar e que conta con moi boas vistas de toda a zona.

Retomamos o camiño para iniciar unha rápida e divertida baixada ata Piñeiro e o Vilar, onde se volve por asfalto ata a zona de Galteiros, para volver a unha senda amplia de terra que nos leva pouco a pouco, e paralelos ó río Donas, ata a zona de Villardigo. Desde onde tomamos unha baixada máis complicada, salindo da senda amplia, por baixo dos cables de alta tensión no cortafuegos. Cando nos incorporarnos ó asfalto por esta zona pódense atopar dúas fontes con auga potable, Incluso outra ó pasar a ponte obre o Tambre.

Para a volta tomanse unhas sendas divertidas na parte traseira de Orro que nos levan ata a Barquiña e o seu pequeño porto, para volver pola senda ciclable de Barro e por carretera ata a zona do casco histórico de Noia.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta