-
-
112 m
-38 m
0
7,7
15
30,89 km

Vista 7 veces, descargada 0 veces

preto de Noia, Galicia (España)

Saía pasada por auga en algún tramo. 60% de sendas de monte ou zonas de grava, con accesos por carretera nacional. Con un tramo a partir do km 16 pegado ó río cunha senda bastante cerrada e complicada, que se pode evitar tomando o camino superior que tamén nos acerca ata a ponte colgante do Tambre, una pena que se atope tan cerrada porque as vistas e o entorno son bastante mellores que na zona superior. Deixo fotos dos meandros.

Salida desde a zona antiga de Noia, con sol e cos moteros da Concentración asentados en Labarta. Pisteamos pola senda de Barro e a traseira de Eiroa, para tomar uns camiños dos montes da Barquiña e Orro ata a parte de abaixo da variante. Unha subida levanos ata a carretera que segimos ata a Ponte vella de Pontenafonso, rodeando pola Toxeira o río Donas. Zona de asfalto, pero co piso bastante roto por veces. A volta por Cando faise por una senda amplia e moi ciclable que toma un trozo de carretera hasta a entrada do Pazo do Tambre (se ides con tempo recomendada a visita).

Desde aquí una baixada divertida ata os meandros do Tambre, seguindo una senda que se vai cerrando e desaparece ós 400 metros. Recomendable tomar a senda superior que nos leva de igual maneira ata a ponte colgante. Visita obligada da ponte e da antiga central eléctrica, tamén se pode facer un trozo de senda ciclable da marxe dereita do río, pero que termina nunhas plataformas de madeira que complican que sigamos sobre as bicis.

A volta faise subindo por carretera ata una senda que nos acerca ó cemiterio de Roo, onde tomamos o camino máis recto ó punto de saida. Pasando por preto de Vilaverde e por un túnel baixo a variante Un kilómetro de subida que nos acerca á parte traseira do póligono de augalevada con alguna baizada moi divertida a pesar do estado dos carreiros, moi horadados pola acción da auga e dos tractores.

Volta pola zona alta de Santa Cristina e o Telleiro, para dar un pequeño rodeo polas pistas da Barquiña.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta