-
-
542 m
15 m
0
12
23
46,3 km

Vista 42 veces, descargada 0 veces

preto de Noia, Galicia (España)

Basada en esta ruta de Kitinhos de 2012:
https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/noia-cruceiro-de-roo-outon-monte-tremuzo-freixo-noia-2396891

Ruta con 80% asfalto ou sendas de grava. Saida desde Noia, tomando o paseo de Barro e continuando por asfalto pos camiños paralelos á ponte da variante, ata chegar a Orro.
Cruza a ponte sobre o Tambre para subir un tramo ata Tarás por Riba de Mar para evitar coller a carretera nacional que nos leva ata a Serra de Outes.

En Outes serpenteamos pola senda do paseo fluvial de Tines (Do río Entíns) para volver á carretera ata Brión de abaixo. Dende alí rampas de ascenso ata o Cruceiro de Roo por carreteras secundarias e algún carreiro.

Dende o cruceiro de Roo, máis asfalto ata Outón, con tramos de monte e vistas moi bonitas do val. Ó pasar Outón decidimos abandonar por un momento a ruta de carretera e serpentear polas faltas do Tremuzo. Algunha rampa díficil pola pendiente, e outras un pouco rotas pola acción da auga, que fan que o nível técnico sexa intermedio. Topamos con algún tramo cerrado de maleza e con silvas voando polo medio do camiño, ata retomar o asfalto para emprender a subida (400m) ó punto máis alto do Tremuzo.

Vistas da ría que merecen moitísimo a pena, e a visita obligada ó punto do Vértice Geodésico: V.G. 11969 - Tremuzo (A 531 metros sobre o nivel do mar)

A volta de novo por carretera, con rampas de baixada ata o Freixo, donde a ruta volve pola nacional ata a serra de Outes, pasando polo Cruceiro de Roo.

Decidimos escapar do sabor do asfalto no retorno a Noia dende Orro, baixando ó monte polos camiños entre as pontes e a variante, percorrendo o tramo divertido dos montes da Barquiña.
De volta pola senda ciclable de Barro ata o paseo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta