-
-
1.259 m
-6 m
0
48
96
191,48 km

Vista 21 veces, descargada 1 veces

preto de Ourense, Galicia (España)

Outra super ruta entre Ourense e Ancora!! con Gil e Julio.

Esta vez nocturna, saímos sobre ás 23:00 h xa cós focos en marcha..

Para variar un pouco a ruta esta vez arrancamos hacia a zona dos Castros cortando en Sobrado con dirección ás Maravillas. Baixada ata o río Arnoia que acompañanos un rato. Esta zona está bastante pechada de vexetación.
Seguimos subindo hacia Celanova onde facemos unha paradiña para tomar un café..

Enfilamos outra vez a marcha con subida casi constante ata o Leboreiro. Dende eiquí baixada ata Lamas de Mouro, onde a diferencia da ruta do 2015, collemos novos camiños para eliminar algo de estrada.


Seguimos ruta, camiño de Travassos. Pasamos polo medio do pobo con parada na fonte acompañados das vacas cachenas flipadas polos focos e os tolos que os levan.

Seguimos ruta saíndo de Travassos (forte subida) e esta vez non subimos aos eólicos e facemos o camiño bordeando a serra. Rompe xa o día.

Xa falta pouco para chegar ao que no ano 2015 fora o máis duro, 20 Kms. de auténtico pedregal !!!!!! ¡!!

Pero para a nosa sorpresa, desapareceron as pedras !!, ...resulta que fixeron pista de terra todo o traxecto..!! Rodamos cun ritmo diferente ao 2015, perfecto.

Xa con día disfrutamos das vistas..A zona da Serra da Peneda é impresionante, do mellor da ruta.

A baixada acaba na zona de campismo de Mezio, onde enlazamos ca carretera.

Este ano en vez de baixar todo pola estrada, collemos unhos camiños que nos quedara pendentes no 2015, con algunha petadiña jejjej e con saída a Ponte da Barca.
En Ponte da Barca paramos a almorzar ... meias leites e bollos.... etc..
Dende Ponte da Barca paseo fluvial ó lado do río Lima ata Viana do Castelo pasando por Ponte de Lima, todo llano. Rotura de cadea e pinchazo incluído.
En Viana parada para tomar unha cervexa e dende Viana a Ancora, pola Ecovía da costa disfrutando das vistas ao mar...

Aventura rematada...

Fotos: https://photos.app.goo.gl/zpuhYK16cczEZ96y5

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta