-
-
603 m
-2 m
0
42
84
167,31 km

Vista 47 veces, descargada 4 veces

preto de Ourense, Galicia (España)

https://photos.app.goo.gl/AEVkvyQfuYdN845t8

Unha ruta máis con destino Vila Praia de Âncora.

Esta vez a ruta ( plantexada novamente por Julio) saímos soamente 3 bikers de Ourense ; Gil, Julio e eu.
Para empezar a quentar as pernas subimos Os Castros, jejej os nosos Castros... pero con diferente ritmo que outros días.jejejjej queda moito pedal que dar...

Xa no alto dos castros baixamos con dirección ás Teixugueiras. Paramos no bar
" O Último" para tomarnos un café.. xa que dende eiquí ata o final xa non haberá ningunha cafetería aberta. A xente que inda hai, está un pouco sorprendida 3 bikers de noite, con focos.... e inda encima lle decimos que imos cara Portugal e que nos quedan 140 kms...!!!! jjejejajj jajajja ....non sei si nos creen moito...

Retomadas forzas, seguimos dirección Seixadelas, e Cartelle para ir subindo hacia San Pedro. Dende eiquí, subida algo máis forte hacia o Coto de Novelle, que non coronamos xa que baixamos hacia a capela de San Miguel.

Baixada en picado por Outeiro Cruz para coller a beira do río e ir zigzagueando polos camiños e sendeiros ata Cortegada. Esta zona ten uns camiños moi chulos, do mellor da ruta.

No balneario de Cortegada collemos forzas comendonos uns bocatas.
Xa pasada Cortegada subimos para sair á estrada e cruzar o río Deva. Empezamos a subir a Trado e ata a Ermida da Portela . Subida dura e contínua. Superada esta subida !!!, baixada dirección Ponte Barxas por camiños que en algún punto están pechados.

Xa cruzamos a fronteira, petada a San Gregório...xa estamos en Portugal..

Comenza a parte máis sencilla da ruta, e a bo ritmo pomos dirección a Monçao., e eiquí pola Ecovía a Valença...

En Valença buscamos unha cafetaría, pero está ainda todo pechado, e non temos onde tomar café...!! inda é moi cedo. !! hai que seguir dando pedal....

Temos que seguir ata Vila Nova da Cerveira e eiquí sí.. é día de feira e xa hai cafés abertos. Tomamos un café con bollería e torradas... xa temos forzas para o último tramo.

Sempre pola ecovía ata Caminha e xa os últimos 10 kms para chegar a Ancora..

O día rompe xá con sol...todo perfecto.
Ruta perfecta, moitos kilómetros, boa compañía, bicicleta e dar pedal...!!!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta