Descargar

Distancia

152,13 km

Desnivel positivo

3.258 m

Dificultade técnica

Moi difícil

Desnivel negativo

3.185 m

Altitud máxima

883 m

Trailrank

49 5

Altitud mínima

-8 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Ourense-Braga 2020
  • Foto de Ourense-Braga 2020
  • Foto de Ourense-Braga 2020
  • Foto de Ourense-Braga 2020
  • Foto de Ourense-Braga 2020
  • Foto de Ourense-Braga 2020

Tempo

13 horas 54 minutos

Coordenadas

10141

Fecha de subida

28 de septiembre de 2020

Fecha de realización

septiembre 2020
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     

Crea tus Listas de Rutas

Organiza las rutas que te gustan en listas y compártelas con tus amigos.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Crea tus Listas de Rutas Crea tus Listas de Rutas
Sé el primero en aplaudir
1 comentario
 
Compartir
-
-
883 m
-8 m
152,13 km

Vista 111 veces, descargada 8 veces

preto de Ourense, Galicia (España)

Rutaza entre Ourense a Braga. Xa levaba uns anos na axenda e foise retrasando... e por fín chegou o día.

Saímos de Ourense 4 bikers: Gil, Medina, Blanco e eu..Óscar.

Para describila creo que a dividirei en tres partes.

A primeira parte, ruta clásica entre Ourense e Celanova, por camiños xa moi coñecidos: Boutureira, Parderrubias, Manchica, Maravillas, Ulfe, Vilanova dos infantes..e Celanova.

A segunda parte entre Celanova e Portela de Home, que inda xa coñecida o é moito menos. Rodada sólo 1 ou 2 veces, e nalgún caso a primeira vez.

Aparte da subida constante, disfrutamos dos camiños cheos de carballeiras e paraxes super agradables...Disfrutámolos e tamén os sufrimos..!!! Nalgún camiño dimos volta por estar pechado, vese no track..

Visita as ruinas de Aquis Querquennis, (https://gl.wikipedia.org/wiki/Aquis_Querquennis) ,complexo arqueolóxico parte dun campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia de Baños (Bande) zona de paso da Vía XVIII ou Vía Nova, camiño que comunicaba Bracara Augusta e Asturica Augusta (Braga-Astorga) e tamén feito por algún de nós, e que máis adiante falarei del.

Retomamos o camiño para poder visitar tamén a igrexa de Santa Comba de Bande (https://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_de_Santa_Comba_de_Bande).. e seguimos ciclando camiños moi chulos.
Xa pronto cruzamos o encoro das conchas e subida por Parada de Ventosa, e descenso vertixinoso cara a Ganceiros. Pronto cruzamos o río Salas e última subida antes de xantar, para chegar a Lobios.
Comida no restaurante Lusitano, onde trataronos de maravilla, e millor xantamos...

A medio facer a dixestión, voltamos montar nas bicis e empezamos a subir cara a Portela de Home, subida constante para facer a dixestión.. Comentar que en Lobios únese un novo Biker, Gabriel (14 anos), que nos acompañará ata Braga.
Xa cruzamos a fronteira...xa queda menos..

Eiquí empeza a terceira parte, no que o comenzo é doado, algo de estrada, pista ancha de terra, rúas de Veiga de San Joao... o peor e que empeza a chover.

E despois de esto empeza o verdadeiro camiño, o "rock and roll" da ruta. Auténtica vía Romana XVIII, sucesivos camiños, sendeiros empedrados, contínuo sube baixa da bici por ser complicado ciclar.. e por riba todo mollado. Creo que inda que nos dixemos nada houbo algún momento de duda, pero decididos a rematar, sobre todo polo empuxe de Blanco..

Ben !!"!! empeza a deixar de chover e xa vemos a ruta con outros ollos, disfrutando da vía.
Sucesión de miliarios (https://gl.wikipedia.org/wiki/Miliario) marcándonos a dirección hacia "Bracara Augusta", e disfrutando das vistas e camiños. Faise duro as veces ciclar..
Camiños moi técnicos, onde tes que escoller moi ben a trazada, combinado con sendeiros borbeando as montañas e cunhas vistas impresionantes.!!!

Xa casi rematamos, pois os últimos 20 kms. apróximadamente faise por estrada, algún camiño, calexón etc.

Unha boa ruta, non moi fácil, e en boa compañía. xa sólo quedaba unha boa cea e unhas copiñas para contar as anécdotas da ruta..
Dar tamén as grazas aos chóferes de apoio, Rubén e Camilo pola loxística.


FOTOS: https://photos.app.goo.gl/gWsGSUNWYKJ8z7ss5

Xa esperamos a próxima..
Saúde...!!!!

1 comentario

  • Foto de sainzajump

    sainzajump 29 sept 2020

    He realizado esta ruta  Ver más

    Unha ruta en toda a súa esencia. Pistas anchas sendeiros, zonas técnicas, etc. As ruinas romanas, unha pasada.

Si quieres, puedes o esta ruta