Descargar

Distancia

11,35 km

Desnivel positivo

327 m

Dificultade técnica

Fácil

Desnivel negativo

374 m

Altitud máxima

328 m

Trailrank

25

Altitud mínima

230 m

Trail type

Solo ida
  • Foto de Pena do Inferno - Río de Porcos
  • Foto de Pena do Inferno - Río de Porcos
  • Foto de Pena do Inferno - Río de Porcos
  • Foto de Pena do Inferno - Río de Porcos
  • Foto de Pena do Inferno - Río de Porcos
  • Foto de Pena do Inferno - Río de Porcos

Coordenadas

213

Fecha de subida

2 de noviembre de 2018

Seguimiento en Vivo

Deja que quien tú decidas sepa dónde te encuentras mientras sigues o grabas una ruta desde la app.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Seguimiento en Vivo Seguimiento en Vivo
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
328 m
230 m
11,35 km

Vista 218 veces, descargada 6 veces

preto de Eirejín, Galicia (España)

Ruta moi sinxela, que transcurre polas marxes do río Lamas inicialmente e logo polo río Navia.

Gran parte da rua pasa pola "carretera da república".
A continuación poño un párrafo explicado por: Por Xosé Luís Martínez Acevedo e Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio.

As estradas teñen a súa propia historia. Unha historia que depende da data da súa construción e do século no que foi proposta. E a historia da “Carretera de República” non ten datas, nin propostas, só esquecemento.

A historia desta estrada situada no concello da Fonsagrada na provincia de Lugo, comeza no século XIX co Plan de Estradas do Estado do ano 1864 no cal esta estrada a establecía como estrada de terceira orde de Lugo ao confín da provincia por Castroverde, A Fonsagrada e Ouviñano. Nos vindeiros anos proseguiuse na construción até a II República que a súa nova denominación sería “estrada local de A Fonsagrada a Oviñano”, co obxectivo de unir Galicia con Asturias.

Xa comezando o século XX o Plan de Estradas do Estado de 1914 incluiríase a construción da travesía da Fonsagrada e no ano 1934 a poxa da construción do treito A Fonsagrada a Oviñano que tería que ser construído en dezaoito meses e cun presuposto de 299.750 pesetas de entón segundo a Gaceta de Madrid, actual BOE.

No treito inacabado desta estrada coñecido como “carretera da Republica”, que transcorre próximo os ríos Lamas e Navia, deixou de ser construído co comezo da Guerra Civil e abandonado despois co proxecto da construción do embalse no río Navia que tiña previsto anegar unha boa parte do seu trazado. Desde entón, a estrada está esquencida no medio dunha das máis fermosas paraxes de Galicia.
Ruta pola ribeira de A Fonsagrada, seguindo a estrada inacabada da república, para contemplarmos, entre outras moitas cousas, a importante pegada que deixou a extracción e o aproveitamento do ferro na zona.

Comezaremos a ruta no Vilar da Cuíña e baixaremos ata as maxestuosas ruínas da Ferrería del Buen Retiro. Despois de visitar este complexo siderúrxico, continuaremos a carón do río Lamas e do río Navia percorrendo a Carretera da República ata chegarmos á Fábrica da Fornaza; alí visitaremos a antiga fundición, onde en tempos se obtivo chumbo, prata e posteriormente ferro. Acercarémonos tamén ata a Casa da Dirección, edificio destinado a albergar os enxeñeiros que traballaron no proxecto do encoro do Gran Suarna. Dende este punto iniciaremos a subida ata a aldea de A Fornaza, lugar no que poderemos contemplar unha impresionante paisaxe dende a súa coñecida capela.
Waypoint

Baixada a Antiga Ferrería do Vilar da Cuíña

Waypoint

Ferrería do Vilar da Cuíña

Waypoint

Antiga Casa da Direccíon do Gran Suarna

Waypoint

Ponte colgante de Rio de Porcos

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta