-
-
463 m
47 m
0
26
51
102,94 km

Vista 1197 veces, descargada 5 veces

preto de Senhora da Luz, Viana do Castelo (Portugal)

Saída dende o Albergue de Peregrinos de Ponte de Lima e chegada ao Albergue de peregrinos da Portela (Barro).

A etapa comeza coa terrible ascensión a Labruja. Unha auténtica tortura debido a que tes que subir varias partes cargando a bicicleta, e facendoo con alforxas faise algo moi duro.

Labruja ten unha previa de 10 kms de sube-baixa no que apenas se gaña desnivel, todo o que vas subindo (bastante desnivel) baixalo ao momento, ata os ultimos 4 quilómetros que totalmente polo monte ascendes 365 metros de desnivel. Hai varias zonas nas que so hai pedras e tes que cargar coa bicicleta. Dixeronnos que había unha alternativa para subir Labruja polo camiño que fan os peregrinos a cabalo, mais nin idea.

Dende o alto de Labruja unha baixada curta e perigosa, nalgún tramo hai que baixar andando ata Rubiaes, dende ahí unha pequena subida e xa terreo totalmente favorabel e moi bonito ata Valença do Minho.

En Valença do Minho metente polo medio da Fortaleza por rúas que están cheas de xente que fan ralentizar moito a marcha.

Logo cruzas a ponte internacional e chegar a Tui, onde baixas ata a orilla do río para subir unha costa empedrada de bastante desnivel ata a catedral e volta a baixar.

Na saída de Tui hai varios quilometros por estrada e logo xa ata Porriño é todo camiño de terra ou asfalto pouco transitado e sen grandes desniveis (xa non se pasa polo polígono do Porriño).

Tras comer no Porriño tocou a etapa Porriño-Redondela, cunha subida moi pronunciada en Mos que parece que nunca remata e logo unha baixada todo por asfalto moi pronunciada e moi peligrosa polos coches que te podes atopar.

Dende Redondela a Pontevedra faise bastante duro, hai 2 subidas de mais de 140 metros de desnivel continuas e moi pronunciadas e nos pobos que pasas metente por un terreo rompepernas de rampas moi cortas e moi duras seguidas de baixadas do mesmo estilo.

En Pontevedra cruzase toda a cidade e a súa saída está moi ben, un terreo de 10 kms sempre subindo algo pero con pouco desnivel ata chegar ao Albergue da Portela.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta