-
-
466 m
58 m
0
10
21
41,84 km

Vista 1964 veces, descargada 16 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Iniciamos a xonrada rodando tranquilamente pola estrada de Tomeza, coa intención de achegarnos ó monte da Peneda, en Arcade, propósito que despois mudamos.

Dende a igrexa de Figueirido desviámonos por unha pista de hormigón con moita pendente para achegarnos ó camiño portugués, que abandonamos de seguido. Dende a ladeira do Monte Penices divisamos unha completa vista da ría de Vigo.

Un frenético descenso lévanos ata Pontesampaio, pasando por Cacheiro.

Despois de algunha dúbida, achegámonos á chamada illa de Medal, ou insuiña. Este pequeño illote de pouco máis de 3000 metros cuadrados recentemente restaurado e acondicionado foi propiedade dun pintor e retratista chamado Antonio Medal. Mercado polo concello ós herdeiros, contén nesta pequena extensión unha curiosa ponte de acceso, un circundado de pedra, así coma un horreo, un palomar e sobre todo unha especie de velador con mesa. Está nun entorno privilegiado que permite divisar a antigua Ponte e a ponte do ferrocarril, mesmo na desembocadura do Río Verduxo.

Seguimos ruta hacia o Touro de Osborne. Alí topamos co veciño da casiña dó lado que nos contou que a súa vida de 45 anos era coetánea á do animal de ferro. Este touro é un dos cinco que hai en Galicia, dos cerca dun centenar que hai en todo o estado. A silueta foi diseñada en 1956 polo cartelista andaluz Manuel Prieto, para anunciar o coñac Veterano. Trátase dun mamotreto de planchas de ferro de máis de 10 metros de alto apoyado nunha base de hormigón e cachotes de casi dous metros de altura e 10 metros d e ancho. Recentemente este touro en concreto sufriu severos danos a causa dun temporal, pero foi reparado.

O touro de osborne foi obxecto de polémica e controversia. Unha polémica sentencia do tribunal Supremo dictaminou a súa conservación polo súa interese estética e cultural. Sobre todo en Cataluña sufriron continuos ataques vandálicos, criticando a quebra paisaxística, a promoción de bebidas alcoholicas, o osexismo: “es cosa de hombres”, e sobre todo a relación co mundo taurino, que en determinadas partes se ve como unha imposición cultural centralista. Así e todo, o toro foi indultado e é a única publicidade permitida nas vias interurbanas.

Afea a vista do mar a enorme fábrica de Pontesa, actualmente abandonada, en venta por 23 millóns de euros, a ver se alguen se anima. No interior da fábrica todavía se conservan máis dun millón de xogos de louza.

Facemos unhas fotos panorámicas da ría de Vigo, e chámanos a atención o paso de todalas arterias de comunicacións Norte-Sur. Autopista ó fondo, na ponte de Rande, estrada 550, vías do tren e sobre todo, as obras do AVE, que xa se ven moi avanzadas.

Continuamos viaxe pola zona de Rañadoiro e Acebedo. Circulamos por un sendeiro onde atopamos unha minúscula capela, chamada de San Xosé, casi agochada no medio das mimosas.

Dende Acebedo, forte pendente inicial para subir á serra da Fracha atopando algún camiño novo que paga a pena, a pesar das fortes pendientes. Voltamos pola coñecida ruta das canteiras podendo disfrutar da vista panorámica da cidade de Pontevedra nun día tan despexado.

Ver más external

Distance30.20 km
Speed9.0 km/h
Pace6:38 min/km
Altitude466 m
Bearing138.9
Distance11.19 km
Speed17.0 km/h
Pace3:31 min/km
Altitude58 m
Bearing109.7
Distance40.13 km
Speed60.9 km/h
Pace0:59 min/km
Altitude95 m
Bearing217.4

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta