• Foto de Pontevedra-Carballedo-Pontevedra
  • Foto de Pontevedra-Carballedo-Pontevedra
  • Foto de Pontevedra-Carballedo-Pontevedra
  • Foto de Pontevedra-Carballedo-Pontevedra
  • Foto de Pontevedra-Carballedo-Pontevedra
  • Foto de Pontevedra-Carballedo-Pontevedra

Coordenadas 9765

Fecha de subida 7 de julio de 2011

Fecha de realización julio 2011

-
-
582 m
81 m
0
11
23
45,88 km

Vista 4395 veces, descargada 42 veces

preto de Marcón, Galicia (España)

O grande autor Fernando Fernán Gómez plasmou no título dunha obra de teatro aquilo de “as bicicletas son para o verán”. Certo parece, mesmo se temos un vran con días coma hoxe, con ceos cubertos e fresco. Hoxe fixemos unha nova ruta bastante “chula”, e moi asequible. Todo perfecto se non fose por unha caída da que despois falaréi.
Saímos por Mourente, probando unha pista interior asfaltada paralela a nacional de Ourense, para non abusar da Senda do Lérez, que xa a temos moi vista. O chegar á ITV, xiro á dereita e xa no Couto, rampón duro e inicio de pista forestal e camiños ata Vilanova, nunha continua subida. Máis arriba, ó camiño cégase de toxos, así que non quedou outra ir polo mirador da Soldada, e aproveitamos para beber na fonte. Seguimos despois polo interior de Vilanova, e antes de chegar á Xesteira, atopamos un desvío por camiños interiores moi axeitados.
En PonteBorela, metémonos paralelos ó río, chegando a Pazos e ó Pozo Negro, coa súa praia fluvial. Despois,por pistas de Concentración Parcelaria chegamos a Carballedo, no lugar de Chan hai outra praia fluvial, máis pequena, cunha senda é uns muiños.
Continuamos ascendendo ó Monte do Castro, no lugar da Igrexa. Alí hai un muiño de vento a medio restaurar e unhas excavacións arqueolóxicas. Cando abandonábamos o lugar topas unha becerriña mansa de escasos días, que parecía perdida da súa nai. Por un camiño cheo de xesta e pedras atravesadas (de varias toneladas cada unha), chegamos á Igrexa, que ten ó seu carón un destacado cruceiro.
Continuamos por Paraños, e subimos á Chan da Batalla. No monte Castelo, preto de Viascón localizamos a Cachucha ou Cacheira. Despois baixamos por un pista perigosa ata Palleiros, e dende alí, empatamos coa Estrada Carballedo-Pontebora.
Ó pouco de iniciar o descenso, non sei como foi, pero enganchémonos e rematamos os tres no asfalto, bastante “perxudicados”. Sumamos un total de 5 puntos de sutura e moitos raspóns e cortes, unha roda doblada e un casco rachado. Para iso está. Tantos anos e tantas rutas e algún día ten que tocar.
Así que nada, hasta a casa e ó Centro Médico, sen máis novidade. Un mal fin para un bo día de bicicleta.

Nota, podense ver máis fotos e rutas pinchando no título desta ruta para acceder ó blog.

Ver más external

Distance28.46 km
Speed13.2 km/h
Pace4:32 min/km
Altitude581 m
Bearing123.1
Distance2.08 km
Speed15.2 km/h
Pace3:56 min/km
Altitude81 m
Bearing38.1
Distance39.55 km
Speed75.0 km/h
Pace0:48 min/km
Altitude115 m
Bearing153.0

2 comentarios

  • Asteroide15000 11-jul-2011

    Esta mañá copiei este percorrido e bastante ben, ainda que na miña inutilidade habitual, fíxeno en sentido contrario e papei toda a subida ó monte mais alto (non sei o nome) en medio dos toxos (que hai bastantes durante toda a ruta).

    O dito, graciñas polo track e polo peeling gratuito nas pernas a base de picadas de toxos :)

  • Foto de maillotamarillo

    maillotamarillo 11-jul-2011

    Si, os toxos están bravos,...=O monte mais alto é o Monte Castelo, entre Tenorio, Viascón e Carballedo. Ten unha caseta "fortificada", con boas vistas pero este día non paramos por falta de tempo.
    A ruta está bonita, para algúns supoño que ten bastante asfalto, coma moitas das que aquí colgamos, pero se queremos alonxarnos un pouco de Pontevedra non queda outra que adiantar algo por carretera, porque senón limitámonos ó de sempre, Fracha, Castrove e Castiñeiras, ou pola contra compreche todo ó día para facer unha ruta e ver recantos interesantes.


Si quieres, puedes o esta ruta