-
-
759 m
330 m
0
14
29
57,69 km

Vista 1233 veces, descargada 30 veces

preto de Sober, Galicia (España)

Ruta feita polos membros de San Pedro.
Algunhas aclaracións:
-Moitos dos camiños están semicubertos de vexetación, dependendo da época do ano algún deles pode estar bastante complicado. E non sei como estarán de aquí uns poucos anos.se
-O punto "01 Pedras" é unha baixadiña con pedras semiocultas. En xeral, as pedras son constantes en toda a ruta. Ás veces baixo a herba dos camiños.
-Na primeira parte do percorrido (ata despois do Miradoiro de Cadeiras) hai moita pedra solta: atentos nas baixadas (sobre todo as marcadas cos puntos 3 e 4, inda que a 4 está bastante limpa).
-No punto "10 Alternativa", o track pasa por un camiño moi pechado. É máis recomendable seguir os Waypoints "10 Dereita" ata recuperar o track.
-A partir do punto 14, en Mer, o camiño está bastante mal de vexetación. É máis recomendable chegar a Sober por outro lado. Vendo o mapa pode ser unha alternativa seguir ata Froxán e de alí por pistas ata Vilastrille, pero non coñezo o seu estado. Na foto aérea parecen boas.
-A partir da última subida antes de Doade e ata o final, moitos dos camiños teñen pintas de que estarán en moi malas condicións de lama durante o inverno.
Deseñada na compañía de Pablo e realizada por: Maestro, Xemelgas, Villa, Barto, Lucho, Diego, Chorén, Marin e Xerpa en xuño de 2015.
Utilicei os tracks de salgueiros, motemat, alonsoyago, ylqh, jmbarredo.
IBP:125. Tempo en movemento: algo menos de 6 horas
Sober
Sober
680 m altura
660 m altura
Pista
Camino
Camino
Carretera Local y Camino
Carretera Local y Camino
Camino
Camino
Camino
Camino

4 comentarios

  • Bart76 08-jun-2015

    Bonita ruta, sobre todo la primera mitad donde se accede a 5 miradores sobre el Sil y desde donde se pueden observar los cañones en todo su esplendor. Merece la pena.

    Eso sí, tengo ciertas dudas sobre si considerarla "fácil" ya que el tiempo en marcha son algo más de 6 horas y casi toda discurre por un terreno bastante pedregoso a lo que se suma la densa maleza, la cual parece empeñada en dejarnos un recuerdo de la Ribeira Sacra sobre nuestros brazos y piernas.

    Gracias Jose.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 09-jun-2015

    Foi un erro. Xa está corrixido :-))

  • Foto de surfeir0

    surfeir0 03-jul-2015

    Fixen esta ruta onte e teño que decir que pasa por zonas moi chulas. Pasas por pinares e carballeiras e as vistas dende os miradores merece a pena.
    Tamén é certo que hai moitas zonas da ruta que é imposible ou case ir subido na bicicleta debido a cantidade de pedras e mal estado do terreo. Varios compañeiros acabaron pinchando e dañando as cubertas. Despois atopas moitas zonas cubertas de xestas, toxos e silvas.
    A ruta é bonita sí, pero que vas acabar farto da maleza e pedras no camiño tamén.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 03-jul-2015

    Alégrome que che gustara polo menos en parte. Xa aviso no texto das pedras e das silvas.
    Con respecto ás pedras, nós fumos 9 persoas e non pinchou ninguén, así que é cuestión de sorte.
    O das silvas e toxos pois this is Galicia. Eu paso todo o ano con marcas das silvas e toxos en pernas e brazos e eso que ando por sitios que coñezo. Ademais neste mes desde que fumos nós medraron algo máis, claro. De todos modos nun par de sitios especialmente malos xa daba indicacións para non pasar por eles.
    un saúdo

Si quieres, puedes o esta ruta