• Foto de RODEO ACIBAL
  • Foto de RODEO ACIBAL
  • Foto de RODEO ACIBAL
  • Foto de RODEO ACIBAL

Coordenadas 10798

Fecha de subida 6 de enero de 2012

Fecha de realización enero 2012

-
-
618 m
39 m
0
10
21
41,55 km

Vista 1915 veces, descargada 7 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Ano novo pero por aquí seguimos coa mesma vida, trillando camiños e corredoiras polos montes da comarca, a percura de recantos con maxia ou paisaxes descoñecidas.

As veces penso que se me taparan os ollos e me soltaran de súpeto en calquera lugar dos montes en vinte kilómetros á redonda, á primeira vista coñecería o sitio, de tanto como levamos rodado por estes mundos de Dios.

Xa van quedando poucas zonas inéditas, pero aínda así cada día atopamos algo novo, e a ruta que hoxe comento non foi unha excepción.

Saimos por Monteporreiro para estrená-la nova ponte, ten carril bici, todo un detalle. Así que en seguida chegamos ó Couso e dende alí seguimos por un camiño estreito de formigón que nos leva ó Frieiro, continuando despois a carón da igrexa de Santa María, enfilando directamente o outeiro de Bouzas, e rodeando o Loural, chegamos con dificultade ó Pastizal.

De seguido xiramos para rodear o Acibal, seguido as rodeiras na herba do que en principio parecía unha moto ou un carro, pero despois resultaron ser dos bikers que vimos ó lonxe por unha pista inferior. Demos uns berros pero non nos ouviron.

Chama a atención a grande cantidade de auga que corre polos regatos dos montes.

Na zona da Fonte do Ramo baixamos directos cara a San Amaro, para acadar o camiño portugués, despois de renunciar a unha disparatada baixada polo gaseoducto, e a unha casi imposible zona de obras da boca do túnel do AVE.

Para chegar a Pontevedra optamos pola “variante Jesús”, que consiste en desviarse en San Caetano evitando a zona de Alba, seguindo paralelos á autopista.

En resumen, últimamente estamos renunciando ás cumbres e conformámonos con dar rodeos polas ladeiras, algo está cambiando…

Ver más external

Distance16.39 km
Speed7.2 km/h
Pace8:17 min/km
Altitude618 m
Bearing275.1
Distance34.94 km
Speed15.8 km/h
Pace3:48 min/km
Altitude39 m
Bearing213.1
Distance4.23 km
Speed46.2 km/h
Pace1:17 min/km
Altitude141 m
Bearing297.9

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta