Descargar
qrpantin
50 9 0

Lonxitude

41,03 km

Desnivel positivo

1.037 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

1.037 m

Altitud máxima

474 m

Trailrank

19

Altitud mínima

60 m

Tipo de ruta

Circular

Coordenadas

4462

Fecha de subida

20 de octubre de 2018

Fecha de realización

octubre 2018
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
474 m
60 m
41,03 km

Vista 167 veces, descargada 4 veces

preto de Cabanas, Galicia (España)

Ruta de dificultade media-alta, a maior parte por camiños e pistas forestais, pero con bastante asfalto. Percorre pequenos tramos do Camiño Inglés de Santiago; tanto o que parte da Coruña (Sarandós e San Bartolomé) como o que parte de Ferrol (Vizoño, Leiro e Presedo). Pasa polas igrexas de Figueroa (km 3), Sarandós (km 11,9), Motouto (km 14,8), Vilacova (27,5), Leiro (km 32,3), Presedo, co Albergue de peregrinos (km 34,3), Cerneda (km 37), Cabanas (km 39,9) e Abegondo, co Cruceiro Bonito (km 40,6) e polas capelas de San Amaro, en Figueroa (en ruinas e cuberta de maleza) (km 2,6), de San Xoán, en Sarandós (km 5,6) e de San Paio, en Vilacova (km 27,8). Pasa tamén polos pazos de Figueroa (km 3,4) e Vilacova (km 26,9), pola Casa de Felipe II, en Sarandós (km 5,7) e pola Torre de Peito, en Bordel (km 7,7); polo encoro de Beche (km 24,9); polo Heliporto da Xunta, en Vizoño (km 21,1) e a carón dos castros de Montouto (km 14,1), Castro Maior, en Vizoño (km 21,3), de Leiro (km 32,3) e de Cerneda (km 37,5).
Nota: o Castro Maior de Vizoño está nunha finca privada, por iso ás veces está cortado o paso.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta