Descargar

Distancia

79,65 km

Desnivel positivo

3.079 m

Dificultade técnica

Difícil

Desnivel negativo

3.079 m

Altitud máxima

1.463 m

Trailrank

18

Altitud mínima

282 m

Trail type

Circular

Coordenadas

1145

Fecha de subida

29 de febrero de 2020

Navegación Outdoor

Guíate por millones de rutas al aire libre desde tu móvil. ¡Incluso offline!

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Navegación Outdoor Navegación Outdoor
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
1.463 m
282 m
79,65 km

Vista 119 veces, descargada 6 veces

preto de Navia de Suarna, Galicia (España)

Ruta polos pobos máis inhóspitos e despoboados dos Ancares. Percorremos tres territorios: Galicia, Bierzo e Asturias.

Saímos da fermosa vila de Navia, un dos concellos que máis poboación perdeu neste último século. Fenómeno transversal a todo o noroeste peninsular pero que aquí se agudizou coa eterna ameaza do "Gran Suarna".

Atravesamos o val de Moia onde goberna o silencio tras o implaclable abandono de pequenas aldeas coma Coruxedo.

Deixamos Poso atrás para refrescarnos na fonte da alzada de Pandozarco, onde xa só os animais moran e ninguén se presta a pasar os veráns nas súas cabanas de pastores.

Logo dun descenso endurero descansamos á sombra dos teitos das pallozas leonesas de Balouta como se fósemos o mesmísimo Ásterix o Galo.

Ascendemos o porto da Cruz da Colada ata introducirnos en Asturies, para admirar dende o alto as minas de Luíña e Tormaleo, que foron testigos dun tempo e duns oficios que pouco a pouco van esmorecendo, igual que o balbordo nas súas rúas e cantinas.

Visitamos o pobo de Pelliceira, partida a metade pola fronterira galaico-astur baixo a atenta mirada do Pico Surcio.

Emprendemos o descenso cara un dos vales máis descoñecidos e deshabitados dos Ancares. Rao foi no seu día Concello independente e hoxe loita silenciosamente contra o esquecemento.

Dunha beleza etnográfica e natural embriagadora os pobos de Meda, Asar, Prebello e Embernallúas son unha viaxe ao pasado, a un época anterga que quedou conxelada nas pedras das súas casas. Só as esporádicas ráfagas de vento, na nosa imaxinación, semellan estragar o silencio imperante con inaudibles berros e cantos de carro arrincados doutro tempo.

De seguido nos incorporamos á estrada paralela ao río Navia que nos achegará ata o que fora horas antes o inicio da ruta.

Tras a foto de rigor onde a ponte e o castelo, unha cervexa fresquiña a carón do río reconforta corpo e alma despois dunha xornada inesquecible.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta