• Foto de RUTA COCIDO BTT LALIN 2015
  • Foto de ponte
  • Foto de seixas
  • Foto de tunel
  • Foto de estación ffcc

Tempo  3 horas 15 minutos

Coordenadas 3340

Fecha de subida 15 de marzo de 2015

Fecha de realización marzo 2015

-
-
764 m
537 m
0
10
21
41,68 km

Vista 2003 veces, descargada 60 veces

preto de Lalín, Galicia (España)

RUTA COCIDO BTT LALIN 2015

"O 15 de marzo partiremos de Lalín cara a Fraga de Catasós, tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza, tendo en conta que na súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo e castiñeiro. Logo deste apracíbel inicio, a ruta cruza o principal afluente do Deza, o Asneiro, e, tras pasar o Pozo Negro e subir a Puxallos, percorremos un anaquiño da Vía da Prata. Por camiños de vello e corredoiras enfiamos cara o val do río Seixas, parte del xa no veciño concello de Dozón. Un agradábel paseo a carón deste río, nunha das paraxes máis fermosas da comarca dezá, sérvenos para afrontar a subida a Seixas e encamíñanos de volta cara a Lalín, de cara a parroquia da Xesta, onde de novo nos atopamos co Camiño de Santiago procedente de Sevilla. E desde aquí xa temos Lalín á carreiriña dun can.

Queremos gozar así dunha fermosa ruta, tapizada de follasca e das cores invernais e que nos amosará algunhas das 270 carballeiras inventariadas en Lalín, pequenos redutos de bosques caducifolios coma os que antes cubrían boa parte da xeografía galega. Paisaxe e natureza ao cabo, co puntiño de esixencia que dan os seus 45 km e as características técnicas dos camiños dezaos, tendo en conta ademais a época do ano en que nos movemos."(da páxina do Alambike.c.c.)
  • Foto de ponte
ponte
  • Foto de seixas
seixas
  • Foto de tunel
tunel
  • Foto de estación ffcc
estación ffcc

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta