Descargar

Distancia

16,14 km

Desnivel positivo

476 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

476 m

Altitud máxima

363 m

Trailrank

23

Altitud mínima

13 m

Trail type

Circular

Coordenadas

419

Fecha de subida

14 de marzo de 2022

Crea tus Listas de Rutas

Organiza las rutas que te gustan en listas y compártelas con tus amigos.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Crea tus Listas de Rutas Crea tus Listas de Rutas
Sé el primero en aplaudir
Compartir
-
-
363 m
13 m
16,14 km

Vista 12 veces, descargada 0 veces

preto de Verdeal, Galicia (España)

Waypoint

Peto ánimas de S. Roque

  • Foto de Peto ánimas de S. Roque
O Peto de Ánimas en san Roque, de estilo popular, data do ano 1883. A cara principal aparece labrada en dous planos graduados por unha estreita moldura, quedando o espazo central onde se sitúa a capeliña con arco de medio punto. Carente na actualidade de imaxe, aínda ten a alxabeira coa súa nova tapa de aluminio, para a esmola. Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901. Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Waypoint

Ermida S. Roque

  • Foto de Ermida S. Roque
Foi reedificada na súa totalidade no ano 1821, segundo consta na inscrición da clave da fachada. Ten unha nave de planta rectangular. Prolongación da planta engadida para a capela maior. Á primitiva construción de granito fíxoselle unha ampliación de ladrillo para ampliar a capela maior e facer sancristía. A fachada ten pilastras laterais que se coroan en pináculos. A porta, recercada, é de arco rebaixado, formado por tres doelas, destacando a clave. A ámbolos lados dela, dúas ventás con lintel en arco e pestanas. Seguindo o eixo da fachada, enriba da porta hai unha ménsula e máis alta unha ventá oval, tamén recercada. Como remate, sobre moldura voada, espadana sinxela dun ollo con arco de medio punto e molduras, e logo cruz pétrea. Ten cornixa lineal moldurada. E zócalo todo o perímetro.
Waypoint

Cruceiro S. Roque

  • Foto de Cruceiro S. Roque
O cruceiro ten unha plataforma de dous chanzos de base cadrada. O pedestal tamén é de base cadrada. Leva varias inscripcións ilexibles, aínda que nunha delas pódese ver o ano da súa construcción: 1845. O varal é de forma cadrada nos extremos e octogonal no centro. O capitel é cuadrangular moldurado. A cruz é cadrada. Leva por diante un Cristo. Polo reverso vai a Piedade sobre unha peana con forma de cara. Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español. Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901. Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Waypoint

Ponte da Baralla

  • Foto de Ponte da Baralla
"A ponte ten 2 arcos de medio punto,un máis aberto que o outro. Os piares teñen un espesor bastante uniforme e están provistos de tallamares situados a ámbolo dous lados. Estes preséntanse apuntados e de planta triangular. Nos extremos da ponte érguense sendos cruceiros de pedra."
Waypoint

Igrexa de Santiago de Morgadáns

  • Foto de Igrexa de Santiago de Morgadáns
Neste lugar existía unha igrexa xa no ano 1145. A actual rematou de construírse no século XIX. Ten unha nave e ábsida de planta rectangular cunha sancristía e unha capela adosadas no lado norte. A ábsida é máis elevada que o resto da edificación. A nave divídese en catro tramos diferenciados por arcos faixóns apoiados en pilastras. A bóveda da nave é de pedra en forma de medio canón. Os arcos faixóns que a sosteñen apoian en pilastras sen outra ornamentación. Na ábsida ten bóveda de aresta apoiada nun arco toral de medio punto. A bóveda da sancristía tamén e de canón. A fachada occidental presenta unha rúa central que se simula por un dosel que apoia en dúas ménsulas e cobre a porta alintelada. Nos estremos cérrase por pilastras que se coroan con pináculos. A porta de entrada ten lintel plano e recercado de xambas, enmochetado e derrame nas caras interiores. Enriba do dosel da porta unha ventá recercada e con derrame ao exterior, e, seguindo o mesmo eixe da fachada, un reloxo redondo enmarcado pola mesma moldura do remate da fachada. Remátase cunha cornixa cóncavo-convexa e espadana de dobre corpo cerrada por balaustrada perimetral de granito. No primeiro corpo ten dous ollos de medio punto e molduras. No segundo, un só oco, pináculos a ambos lados e remate en frontón triangular. Na actualidade ten tres retablos. O maior ocupa todo o fondo da ábsida. Na rúa central unha gran caixa con arco de medio punto acolle o Calvario, con Cristo na Cruz e a Dolorosa. Nas laterais, sobre peañas, dúas fermosas imaxes: á dereita o Patrón Santiago Apóstolo, sentado e con bordón e libro, e á esquerda a Inmaculada. Na nave, xunto ao arco triunfal están os outros dous, dispares entre si: un dedicado ao Sagrado Corazón e o outro á Virxe do Carme.
Waypoint

Barrio da Pedra

  • Foto de Barrio da Pedra
"Está considerado como un dos barrios máis antigos e declarado como casco protexido. Nel atopouse a tampa dun sartego datado no século VI, nos arredores da igrexa parroquial."
Waypoint

Curro de Morgadáns

  • Foto de Curro de Morgadáns
Waypoint

Fervenza do Touteiras

  • Foto de Fervenza do Touteiras

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta