julk

Tempo  4 horas 10 minutos

Coordenadas 4632

Fecha de subida 26 de noviembre de 2016

Fecha de realización noviembre 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
921 m
400 m
0
15
29
58,67 km

Vista 669 veces, descargada 19 veces

preto de O Carballiño, Galicia (España)

Ruta con moita pedra, moito sendeiro e bastante demanda técnica, o que a fai difícil anque non teña moito desnivel acumulado.

Saímos do Carballiño por sendeiros para chegar ó tendido do AVE, onde enlazamos camiños ben anchos e sendeiros que no verao son moi rápidos, pero agora (finais de novembro) atrapan as rodas.

Chegamos ás Lagoas, cruzamos a nacional e, tras uns metros da estrada que leva a Cotelas, collemos un fermoso carreiro á dereita que leva a Vilariño, para logo virar á esquerda e voltar á anterior estrada.

Só uns metros, porque xa logo viramos á esquerda para baixar á Mirela, aldea á que chegamos por outro estreito carreiro.

Neste punto enlazamos momentáneamente có Camiño de Santiago, ata a entrada de Piñor, cando viramos á dereita para baixar por un empedrado carreiro, limpo anque rodeado de maleza, que posteriormente morre na aldea de Barrán.

Tras cruzar ésta, baixamos cara Veiga de Abaixo por un camiño novamente poboado por moita pedra, anque menos que a que atopamos ó virar para subir a Senra, nunha subida dura e que vai esixir toda a nosa atención se non queremos botar pé a terra.

Tras cruzar Senra xa embocamos pola continuidade natural unha fermosa pista que parece ser camiño tradicional dos camiñantes que ían cara Oseira, e que morre na aldea de Fontao.

Nada mais deixar a última casa da aldea, viro á esquerda para rodar por un fermoso e estreito carreiro que enlaza de novo có Camiño de Santiago, neste caso a variante que ven do mosteiro de Oseira. Unha empedrada baixada ó regato (no que se pode ver unha ponte de poldras) da paso a un tramo empinado e de novo empedrado que resulta moi divertido.

Ó chegar ó alto, de novo una baixada empedrada morre en outra aldea, neste caso Carballediña, que atravesamos e deixamos atras seguindo o trazado xacobeo, que emprega asfalto.

Tan só uns metros, pois pouco despois de deixar atrás Coiras, viro á dereita para acceder a un camiño entre castiñeiros e carballos que morre nun carreiro -de novo, empedrado- que baixa a Coiras, concretamente á súa fonte.

Deixo a cabeceira da parroquia por un camiño cheo de lama primeiro e pedra mais tarde, ata que se cruza a estrada e pasa a ser tan só pedra. Moita pedra de Dios.

Este tramo non ter termo medio: ou o amas, ou o detestas. Pero vai poñer a túa destreza a proba, ata chegar ás primeiras casas de Portela de Abaixo.

Nese punto, da primeira casa saen catro ruidosos cans. así o fixeron todas as veces que pasei por ahí. Os cans son grandes e ruidosos, pero fora da molestia que supón o seu ladrido, non presentan maiores problemas.

Entre esta primeira casa e o resto hai un par de centos de metros sobre un firme de pedra grande que, novamente, fatiga os nosos brazos. Pero qué divertido é!!

Sen solución de continuidade deixamos a aldea e entramos nun novo camiño que ascende cara ó parque eólico do Faro. E novamente vémonos obrigados a restar a maior das atencións para coller a liña boa e non perder tracción. Moita pedra, para non perder costumbre.

Este camiño morre na estrada que vai de Arenteiriño á Cabana, e cara esta última aldea pedaleamos uns metros por este asfalto.

Xusto cando vemos as casas á esquerda, viramos á dereita por un novo camiño empregado pola gandería local, e que polo tanto está limpo, pero descarnado. Ascendemos lixeiramente para acometer un bo descenso por firme (acertaches!) empedrado para ir a Áspera, nun tramo que a velocidade invita á confianza, pero as pedras aconsellan non soltar moito freno.

Xa en Áspera, facemos uns metros pola estrada que baixa a Oseira para, ó rematar as casas, coller un desvío á esquerda. Chegamos a unha especie de calzada de pedra grande, irregular e esbaradiza que supón o punto mais delicado da ruta. Para disfrute dos habilidosos e temor dos menos.

Chegado a un punto, este camiño pasa a atravesar camiños de cultivo e as aldeas de A Casanova e Cobelo, aldeas semi ou totalmente abandoadas, o cal aumenta a fermosura do noso pedaleo.

De calquera maneira, voltamos á devandita estrada, pero xa ás portas de Oseira, así que baixamos cara ó área recreativa de Costa para bordear as antigas murallas do cenobio.

Antes de colelr asfalto, subimos cara a Ventela e, daí, a Tanxil, que deixamos atrás para coller o camiño que percorre a aba da Martiñá e nos deixa na aldea de Mosteiro.

En Mosteirón contactamos có Camiño de Santiago, que facemos en sentido inverso para non perder o contacto coa pedra, e antes de chegar a Cea, collemos o desvío cara Cobas, anque nos desviamos antes, para chegar á Grela.

Cruzamos a estrada para enlazar novamente con divertidos camiños que xa nos achegan á entrada de Cea, a tiro para cruzar a estrada de Ourense-Santiago e ir a Castrelo, San Facundo, As Fontaiñas e, finalmente, O Carballiño.

4 comentarios

  • Foto de J_Moure

    J_Moure 29-nov-2016

    Moito che gusta a miña terra!!!!

  • Foto de julk

    julk 29-nov-2016

    Por certo que sí!

  • Foto de sainzajump

    sainzajump 13-dic-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta feita o día martes e 13, 13/12/2016. Moi boa ruta, existente en varias zonas de pedras, pero moi ben enlazada, con zonas para rodar entre as follas que neste otoño temos...

    impresionante, había camiños que xa coñecía, de outras rutas feitas no carballiño.

    gracias por compartir. Gustoume a ruta....para repetir.

  • Foto de julk

    julk 13-dic-2016

    Grazas polo comentario, neno. Alégrome de que fora do teu agrado.

    Un saúdo!

Si quieres, puedes o esta ruta