Tempo  4 horas 56 minutos

Coordenadas 4085

Fecha de subida 29 de agosto de 2015

Fecha de realización agosto 2015

-
-
87 m
-9 m
0
13
26
51,31 km

Vista 2329 veces, descargada 124 veces

preto de A Gándara, Galicia (España)

Fermosa ruta que percorre a zona costeira das Rías de Ferrol e Ares combinando pista sin asfaltar e estrada asfaltada, na que se pode observar a beleza das Rías Altas e permite desfrutar de preciosas panorámicas desta costa de Ferrolterra, incluindo o Golfo Ártabro e A Coruña.

RUTA: Ferrol, Ponte das Pías, Porto Barallobre, O Seixo, Mugardos, Ensenada do Baño, Castelo da Palma, Punta Segaño, Praia de Chanteiro, Punta Coitelada, Punta Avarenta (Depuradora de Augas), Ares e Ferrol.

DURACIÓN: Case 5 horas, parando 1/2 h. en Ares para unhas cañas.

Descripción
A primeira parte da ruta, entre Ferrol e Mugardos, está descrita no seguinte enlace
Pinchade aquí para Info Ruta Ferrol-Mugardos por la costa de la Ría de Ferrol

Esta vez, en Mugardos, un pouco antes de baixar cara a zona do paseo e o porto, collemos un desvío por estrada asfaltada que nos leva hacia a Ensenada do Baño e O Castelo da Palma. Na zona de O Baño tomamos un desvío á dereita por unha especie de paseo con pista de terra (consultade o track para que non se vos pase). Una vez estamos no Castelo da Palma (aquí estivo preso Tejero despois do golpe de estado do 81) iremos bordeando a carón do mar a Ría de Ferrol por una pista ancha sen asfaltar ata Punta Segaño. Ao chegar á Punta Segaño, colleremos un estreito sendeiro á esquerda para seguir bordeando o mar e facemos un descenso algo técnico, pero non moi empinado, con algunha roca, cara á Praia de Chanteiro. A partires de aquí teremos que subir por un empinado (haberá que baixarse da bici) e estreito sendeiro, un pouco oculto (seguide sempre o track) ata enlazar primeiro coa pista forestal e despois con outro camiño máis estreito que nos conducirá ata Punta Coitelada, na que poderemos desfrutar de impresionantes vista da Coruña e do Golfo Ártabro, divisándose incluso as Illas Sisargas en Malpica (Costa da Morte), se o día é despexado.
Subimos unha forte rampa na que tamén tocará poñer pé a terra para ir por pistas de grava ata Punta Avarenta, onde está a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Subimos por pista asfaltada ata coller de novo unha pista á dereira, hacia o mar. Será un tramo moi divertido de forte baixada seguido dunha subida dura e corta. Iremos a partires de aquí combinando pistas de asfalto con outras de grava, resultando un atractivo recorrido para BTT.
Xa preto de Ares, destacan a zona de calas como A Barrosa, Estacas, moi a ter en conta para quen lle guste o buceo e a praia.
En resumo, animar a todo o mundo para que faga esta fermosa ruta, moi divertida e con grandes vistas panorámicas da costa de Ferrol e Ares.

OUTRAS RUTAS DE INTERÉS EN FERROLTERRA:

Ruta Ferrol-Mugardos por la costa de la Ría de Ferrol

Senda Ártabra, de praia de Ponzos a Praia de Campelo

Ruta Ríos Xubia e Belelle: Ferrol-Xubia polo Camiño Inglés,Presa do Rei, Muiño de Pedroso, Cruz do Pouso e Neda

Volta a Ria de Ferrol

Moitas grazas a Augus polas fotos!!

1 comentario

  • Foto de augusway

    augusway 31-ago-2015

    Unha ruta moi recomendable.

Si quieres, puedes o esta ruta