-
-
514 m
11 m
0
24
48
96,68 km

Vista 993 veces, descargada 4 veces

preto de Conxo, Galicia (España)

3 comentarios

  • Foto de julk

    julk 05-ago-2013

    Hola! Teño intención de facer esta ruta. É totalmente ciclable? E qué me dis da dureza?

    Moitas grazas de antemán

  • Foto de xalogaliza

    xalogaliza 06-ago-2013

    hola

    Nos fixémola seguindo o track de turgalicia ata o quilómetro 70 máis ou menos, xq nese km se me rompeu a patilla do cambio e tivemos que abortar polo que nos diriximos a pontevedra por estrada. A maioria é ciclable, un dos sitios nos que tivemos problemas foi xusto despois da aldea de piñeiro, no km 43 +-, no que o track nos mandou por un camiño que pasaba por unha granxa para logo chegar a un prado terminar nun río e ter que seguir coa bici o lombo por non haber camiño (única zona non ciclable do track que seguimos ata o km 70), creo recordar que nesa zona decidimos seguir o track e non as marcas, un gran erro pola nosa parte.

    Outra zona un pouco conflictiva foi a hora de cruzar o río ulla no limite entre o concello de teo e o da estrada, para cruzar un río hay unha ponte colgante nunha zona que se chama o Xirimbao moi chula por onde non pasamos porque non estabamos seguros de que estivera a ponte aberta, o track de turgalicia mandaba por alí pero nos decidimos cruzalo pola estrada, o final estaba aberto, eu de fora tí chamaría o concello de teo para sabelo de antemán.Polo demáis comentar que esta bastante ben sinalizado coas marcas do GR (blancas e vermellas), ainda que se levas o track e moito mais cómodo xa que hai cruces que non están ben sinalizados.

    A dureza ata o que fixemos nos non nos pareceu moi dura, excepto algunha subida larga, pero hai q ter en conta o desnivel acumulado que ten o track. Nos decidimos saír dende santiago x comodidade pero a ruta orixinal sae da madroa.

    Se a fas completa xa me contarás xq nos temos pensado facela completa.

    Se non che quedou algo claro non dudes en preguntar.

    Un saúdo

  • Foto de julk

    julk 06-ago-2013

    Moitas grazas polo comentario! A miña intención é facer unha travesía circular por Galiza, unindo as capitais. E pensaba ir de Santiago a Pontevedra polo gr 94 -para evitar o camiño de santiago-, pero non sabía se era totalmente ciclable, de ahi a pregunta...

Si quieres, puedes o esta ruta