-
-
249 m
21 m
0
7,2
14
28,91 km

Vista 38 veces, descargada 2 veces

preto de Rutis, Galicia (España)

Ruta feita por Jolín sacada do wiki neste enlace https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/31-tubo-2015-orro-cabana-ledono-a-coruna-12086139. Moi divertida, pero complicada, pola dureza das rampas e polo mal estado no que se atopan certos camiños.

90% camiños e sendas de monte, con todos os camiños posibles para evitar o asfalto.
No noso caso seguimos a ruta dende Vilaboa enlazando ca mesma sobre o tramo que pasa por encima da AP9. Seguimos a carretera pasando por diante da igrexa de santa María de Rutis (románica do siglo XIII, recomendable a visita).

Dende alí subimos os tramos de monte ata chegar ás beiras da Terceira Ronda, alternando rampas suaves con algunha máis dura, ata chegar a pasar por encima a Terceira Ronda. Dende alí uns tramos divertidos de sube e Baixa ata Orro, con una baixada bastante técnica na parte traseira da urb. do monte das Arcas, con moita pedra solta.

Tras deixar atrás Orro e pasar por encima da A6 á altura do restaurante o Sombreiro, a ruta metenos por una senda que agora mesmo esta cerrado o acceso por parte dos donos (fácilmente salvable e son uns 50 metros). Dende alí subimos polas sendas típicas de monte alternando senda amplia de área roxiza con algún camiño de senda única un pouco cerrados de maleza. Antes de chegar a Bregua una baixada moi técnica e moi cerrada de toxos e xestas, aínda que moi divertida de facer.

Tramos de baixadas ata o río Valiñas e ascensión ata o famoso tubo, con unas rampas imposibles, con 100 metros moi tendidos con moita pedra solta e moi complicadas, para deixarnos chegar con rampas suaves ata a parte que atravesa, mediante ese túnel, a nacional que chega ata Mesón do Vento ou Cerceda.

Despois dun pequeno tramo moi cerrado de maleza, con ascensos xa difíciles de por sí, e máis polo pouco espacio que temos para pasar ca bici. Novas rampas de baixada ata a estrada de Cabanas con certa dificultade técnica.

Dende alí suaviza un pouco ata a parte traseira do polígono de Ledoño, onde chegamos ata outra rampa de 50-60 metros moi complicada pola pendiente e polo estado no que se encontra. (Terra solta e moi rota pola choiva do inverno) Tramiño pola antigua vía do tren e volta por debaixo da autovía ata a parte traseira de Orro.

Novas rampas bastante cerradas de maleza dende alí e nas traseiras do monte das arcas (aquí todavía máis) recomendando que se faga con roupa larga e guantes de inverno.
Para terminar unas baixadas ata pasar por baixo da Terceira Ronda, sin encontrar a senda que nos leva ata as torres de alta tensión que baixan ata Vilaboa (demasiado cerrado de toxos) enlazando denda alí una serie de rampas moi coñeciads e moi divertidas de baixar.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta