-
-
374 m
62 m
0
9,5
19
38,12 km

Vista 22 veces, descargada 1 veces

Ruta tomada de Jolin, Ruta do Potro: https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/34-potro-2019-olimpo-bregua-xalo-boedo-38070744. Agradecer a Jolin que a fixo recentemente e actualizou os tramos.

Ruta complicada técnicamente con tramos moi técnicos tanto de baixada como de subida.
Salindo dende Vilaboa, cambia en dúas ocasións con respecto á ruta orixinal para tomar dous tramos complicados, pero con baixadas que merecen a pena. Unha paralela á Terceira Ronda moi rota e con moita pedra solta, así como varios regos no medio pola acción da choiva.

A baixada ata Orro para pasar pola ponte peatonal, faise por una senda complicada, moi cerrada de maleza e de silvas. Pistas de asfalto para comezar o ascenso desde Orro ata o Olimpo, monte máis alto na zona de Bregua. As primeiras rampas son dúas, suavizan por momentos para complicarse de novo nas rampas finais da subida. A baixada, mooooi técnica no primeiro tramo, co suelo moi roto, mantén a dificultade pero vai reducindo a pendiente. Pasamos pola antigua vía do tren de Ledoño, por encima dun dos túneles (o máis corto) e seguimos un trozo de asfalto ata a zona de Lamelas. Asfalto por Peiro de arriba, onde atopamos una fonte no marxe esquerdo, onde se repoñer os bidóns antes de ascender a xona do Xalo.

As primeiras rampas levannos ata a zona de subida máis habitual (coñecida), ata desviarnos por una rampa á dereita para empezar ca subida da ruta de Jolín. As primeiras rampas son moi duras, e despois alternanse rampas duras con outras levadeiras, incluso alguna baixada para chegar a un cruce á dereita onde comeza unha senda que nos levará por unas sendas bastante técnicas ata a zona alta de Cabana. De aquí pasamos polo tubo oradado por debaixo da nacional ata una senda que nos leva paralelo ó río Valiñas ata a rotonda grande de Boedo. Zona complicada de baixada inicial e despois con algún tramo moi cerrado pola maleza con silvas e toxos que nos fan en alguna ocasión votar de menos a roupa longa.

A ruta de Jolín volta moi recta desde esta zona e pasa por Bregua ata Orro por tramos maís ou menos levadeiros, pero ten una subida moi complicada desde a zona de Orro ata a parte traseira da monte das Arcas. Moita pedra, con gran pendiente e técnicamente do máis difícil da zona, con 1.000 metros de desnivel xa nas pernas.

Nesta ocasión a opción que se toma de volta e baixar pola antiga estación de tren de Bregua pola zona divertida de sube e Baixa paralela á antigua vía, e pasar polo segundo túnel (o grande) ata a zona de Ledoño. Dende aquí cruzar a Orro por carretera por encima da autopista, para ascender polos tramos que rodean a Terceira ronda ata a baixada ó aeroporto, onde collemos bastante asfalto, e voltar cómodamente ata Vilaboa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta